Máis de 1.000 escolares de A Coruña van ter oportunidade a partir de hoxe de adentrarse nalgúns dos momentos máis creativos e sorprendentes do proceso de produción de series e películas e descubrir as técnicas da dobraxe e da animación en plastilina, que serán amosadas en dous obradoiros prácticos ‘Ponlle voz’ e ‘Ponlle vida’ que organiza o Clúster Audiovisual Galego, CLAG, dentro da programación da feira Cultur.gal, que se celebra no Palexco de A Coruña, do 4 ao 7 de decembro.
Mañá día 4 comeza o obradoiro ‘Ponlle voz’ que continuará o venres 5, ambos os dous días en sesións de mañá –10.00 h.- 14.00 h.- e tarde – 16.00 h. 20.00 – e terá aberto ao público un estudo de dobraxe interactivo, para que os visitantes experimenten en primeira persona como prestar a súa voz a personaxes de series e películas tan populares como ‘Sin Chang’, ‘O Espiritu do Bosque’, ‘Capitán Keroro’, ‘Doraemon’, ‘Perez, o rato dos tesu soños’ ou ‘Detective Conan’. Esta experiencia xa foi ofrecida polo CLAG na I edición de Cultur.gal, con gran éxito de participación. Amais de por voz por uns minutos aos personaxes, os escolares recibirán material promocional dalgunha das películas.

Os escolares filmarán planos con personaxes modelados por eles

A experiencia sobre modelado en plastilina no obradoiro ‘Ponlle vida’ levarase a cabo os días 6 e 7 en sesións de mañana -11.00 h. 14.00 h, e tarde -16.00 h.- 19.00 h- nas que os participantes coñecerán cal é o proceso para realizar unha breve peza animada con plastilina e inspirándose no personaxe protagonista da serie «¿E por qué?» de TVG farán a súa propia versión modelada. O máis emocionante para os escolares será filmar en equipo un plano de animación, fotograma a fotograma, co personaxe modelado por eles.

A animación con personaxes de plastilina basease nunha técnica chamada Stop Motion, que consigue o efecto cinematográfico de movemento dos obxetos ao ser fotografiados, facendo pequenas variacións da súa posición ou forma entre un fotograma e o seguinte. Os escolares descubrirán no obradoiro que cada segundo televisivo conta con 25 fotogramas, de xeito que se realizan 25 fotos fragmentando o movemento que debe facer o personaxe: para un plano de 4 segundos, hai que facer 100 fotos. Coa súa experiencia, os participantes descubrirán que cando se ven as fotos en continuidade a 25 imaxes por segundo, se crea a sensación de movemento na escena.

A serie «¿E por que?» na que están inspiradas as actividades do obradoiro do CLAG é unha coproducción de Continental Producciones e Algarabía Animación, actualmente está en emisión en TVG e vendida a países como Arxentina, México, China e India. Realizada coa mesma técnica, o vindeiro mes estrenarase «O Soldadiño de Chumbo», tamén de Continental Producciones e Algarabía.

O obradoiro de animación en plastilina, ofrecido por primeira vez en Galicia, foi seleccionado polo CLAG considerando que se trata dunha actividade de gran interese e oportunidade, para que o público máis novo aprecie e valore a actual posición de prestixio e liderado de Galicia na industria de animación española.

Amais de ofrecer estes dous obradoiros, o CLAG terá en Cultur.gal un stand corporativo no que se exporá material promocional das súas 51 empresas asociadas e tráilers de películas.