O mércores 17 de febreiro, dará comezo o curso de “Efectos especiais” impartido polo profesional Ricardo Spencer. Está destinado a tódolos interesados nos efectos especiais, profesionais do eido da posta en escena, profesores e estudantes de audiovisuais, teatro i espectáculos.

O curso pretende dar formación nos eidos dos efectos físicos, ópticos e mecánicos. Para iso centrarase na maquillaxe, no uso dos materiais, nas ferramentas dixitais, na montaxe e no guión e inclusive constará dun apartado dedicado á pirotecnia.

Ricardo Spencer, profesor do curso, ten ampla experiencia na temática dos efectos especiais. Traballou en varias longametraxes, na televisión e tamén no teatro. Actualmente, é profesor titular na Escola de Imaxe e Son de Vigo como Coordinador do ciclo de Caracterización.

O curso impartirase os días 17, 18 e 19 de febreiro no recinto de Arteria Noroeste en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ate completar as corenta prazas de aforo.

Para inscribirse ou procurar máis información:

E-mail: gnieves@sgae.es
Web:
www.fundacionautor.org