Comeza este mércores 16 de xaneiro, o ciclo de comedia no Cineclube Padre Feijoo co filme británico de Richard Ayoade “Submarine” (2010). A proxección será no Cinebox Ourense, ás 18, 20:30 e 23 h. en Versión Orixinal Subtitulada ao castelán. 

O filme foi nominado no 2011,  ao mellor debut dos BAFTA, e 5 premios do cine independente británico, gañando o de mellor guión.

Conta a historia dun peculiar mozo de 15 anos que ten dous obxectivos: impedir que a súa nai abandone ao seu pai e atoparse a sí mesmo, aínda que sexa por medio dunha rapaza.