A COLECCIÓN MAITE MÍNGUEZ RICART LEVA A A CORUÑA A EXPOSICIÓN «EXPOSYFY. VIAJE FANTÁSTICO»

1 / 08 / 2011

A sede da Fundación Novacaixagalicia en A Coruña acolle, do 28 de xullo ao 20 de agosto, a exposición «ExpoSyfy. Viaje fantástico», que reúne un centenar de obxectos orixinais das películas máis emblemáticas da historia do cine fantástico e de ciencia ficción, propiedade de Maite Mínguez Ricart.

 

A exposición, organizada pola canle Syfy Universal coa colaboración de Novacaixagalicia, propón un percorrido pola historia do cine de xénero dende os anos 30 ata a actualidade, da man de fotografías e obxectos orixinais tan míticos como a maqueta da estación espacial «Estrella de la muerte» da película Star Wars, a espada de Arnold Schwarzenegger en Conan, el Bárbaro, a mano utilizada por Robert Englund en Pesadilla en Elm Street, a máscara de Batman, a túnica e a careta de Scream, ou o sombreiro de Dick Tracy, entre outros.

Ditos obxectos son só unha pequena mostra dos máis de 1.800 que, dende fai máis de quince años, atesora a colección da empresaria cinematográfica Maite Mínguez Ricart, considerada polos expertos como unha das mellores de obxectos de cine a nivel mundial. «ExpoSyfy. Viaje fantástico», que coincidirá coa Feria do Cómic de A Coruña, contará coa presenza da propietaria da colección, que falará da súa paixón polo coleccionismo de obxectos procedentes das rodaxes das películas que escribiron a historia do cine.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: