O próximo 31 de maio, o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), Eganet e o Cluster TIC Galicia celebrarán unha Xornada de Networking, que terá lugar en Santiago de Compostela. A Xornada será un punto de encontro entre as empresas integradas nas citadas organizacións, co obxectivo de dar o primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio conxuntas.

A xornada será presentada polos presidentes do Cluster TIC Galicia, Gerardo Crespo, do CLAG, Andrés Barbé, e de Eganet, Víctor López. A continuación os presidentes do CLAG e do Cluster TIC asinarán un convenio de colaboración, tras o cal se dará paso ao evento de networking.

Os integrantes das tres organizacións participantes na xornada manterán entre eles encontros cara a cara. Un sistema de rotación garantirá que, ao cabo da xornada, cada un dos membros dunha organización teña mantido unha reunión con cada un dos membros das outras dúas organizacións.

Cada participante disporá de fichas de información sobre os demais, coas que poderá preparar os encontros bis a bis.

Os interesados en participar na Xornada poden solicitar toda a información a través do correo electrónico ou teléfono das entidades organizadoras: info@clusterticgalicia.com 981 569 893 / proxectos@clag.es 981 941 792 / info@eganet.org 981 530 352.

Xornada de Networking Cluster TIC Galicia – Clúster Audiovisual Galego – Eganet

31 de maio de 2012

Hotel Los Abetos. San Lázaro, s/n. 15820 Santiago de Compostela

9:30h. Recepción dos participantes

9:45h. Presentación da xornada polos presidentes das tres entidades

10h. Sinatura do convenio de colaboración entre Cluster TIC e CLAG

10:15h. Primeira rolda de encontros bis a bis

12:15h. Café

12:45h. Segunda rolda de encontros bis a bis

14:45h. Almorzo