CLASE MAESTRA NA CORUÑA DA GAÑADORA DO OSCAR YVONNE BLAKE E DA FIGURINISTA HELENA SANCHÍS

30 / 09 / 2014

A Academia Galega do Audiovisual continúa có seu afán formativo e convida para a XII edición do Foro Academia Aberta a dúas figurinistas de primeiro nivel do panorama internacional.Trátase da gañadora do Oscar Yvonne Blake e da encargada do departamento de vestiario de series actuais, Helena Sanchís. As deseñadoras impartirán sendas masterclasses no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa os vindeiros días 13 e 14 do vindeiro mes de outubro en horario de mañá (11.30 a 13.30h) e de tarde (17.30 a 19.30h).

Durante estas xornadas, tanto estudiantes como profesionais do sector audiovisual, poderán coñecer de primeira man a forma de traballar destas recoñecidas figurinistas. Para poder acceder á sala das clases maestras é imprescindible inscribirse previamente.

O luns, día 13 de outubro Helena Sanchís (Velvet; Gran Hotel; Días Contados; Gran Reserva; Hispania; Mortadelo e Filemón, misión salvar la Tierra; Plenilunio; La carta esférica; Las edades de Lulú), explicará o proceso creativo e técnico, o desenvolvemento do vestiario dende o guión, os acordos co director, a procura de códigos, cores ou o proceso con actores. Tamén tratará as diferenzas ao enfrontar o proceso entre o vestiario contemporáneo e época, entre o cine e a televisión.

O turno de Yvonne Blake será o martes 14 de outubro, que falará tanto da súa experiencia profesional, poñendo exemplos dos filmes nos que traballou (Nicolás y Alejandra; Carmen; Superman; Jesucristo Superstar; Los tres mosqueteros), así como ensinando bocexos, así como da organización e a rutina do departamento de vestiario que dirixe con algúns dos máis recoñecidos cineastas.

Tódalas persoas que estean interesadas en asistir teñen que enviar cuberto o documento adxunto e seguir as indicacións que nel aparecen.


Categoría: Noticias
Etiquetas: