Os días 30 de novembro e 1 de decembro, a Academia Galega do Audiovisual celebra o seu Foro anual Academia Aberta, que este ano dedicarase á Fotografía Dixital. Os primeiros pasos. Amosar cómo se desenvolve o traballo cinematográfico nos entornos dixitais emerxentes, os procesos necesarios tanto na pre-produción, a rodaxe e a postprodución para a realización dunha longametraxe –anque tamén se poden aplicar a outros formatos como as películas para televisión, as series ou os documentais- conforman o obxectivo deste Programa. O Foro celébrase este ano na sé do CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) emprazada na rúa Durán Loriga nº 10, baixo.
CINEMATOGRAFÍA DIXITAL. OS PRIMEIROS PASOS, CENTRAN O FORO ACADEMIA ABERTA QUE CELEBRA A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL OS DÍAS 30 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO NA CORUÑA
16 horas de traballo nas que estarán os mellores profesionais do sector no ámbito internacional

Academia Galega do Audiovisual. 24 novembro 2006.- Os días 30 de novembro e 1 de decembro, a Academia Galega do Audiovisual celebra o seu Foro anual Academia Aberta, que este ano dedicarase á Fotografía Dixital. Os primeiros pasos. Amosar cómo se desenvolve o traballo cinematográfico nos entornos dixitais emerxentes, os procesos necesarios tanto na pre-produción, a rodaxe e a postprodución para a realización dunha longametraxe –anque tamén se poden aplicar a outros formatos como as películas para televisión, as series ou os documentais- conforman o obxectivo deste Programa. O Foro celébrase este ano na sé do CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe) emprazada na rúa Durán Loriga nº 10, baixo.

Neste Foro, desenvolverase tamén unha Mesa Redonda na que estarán representados tódolos procesos que implica o dixital, dende a produción ata a distribución, a través dos mellores profesionais do sector.

Directores de fotografía como Pol Torrents, Joan Riedweg ou Suso Bello, participarán neste Programa, coordinados polo tamén director de fotografía Alfonso Parra. Ferrán Piqué da produtora Molinare e Chema Remasa de Kinema, Juanjo Carretero, de Fotofilm/Deluxe, Bernard Elías, director de produción de Mediapro, Nuria Paniagua de Info TV (membro da Directiva de AITE), ou Javier Alonso, de Distribución e Exhibición de Google Vídeo, son tamén parte do elenco de profesionais que impartirán as Sesións ó longo dos dous días de duración do Foro, e que se completa con Xavier Eiriz, director de produción; Guillermo Represa, montador; Miguel Asensio, produtor executivo, José Alberto, de Sonido Área 5.1, e Susana Maceira, produtora de Adivina Producciones.

Para qué se fai este Foro, e con qué metodoloxía

O desenvolvemento destes encontros tenta relacionar tódolos procesos que interveñen na creación da imaxe dixital, de tal xeito que os asistentes poidan ter unha idea global da cinematografia dixital e de toda a súa complexidade. Son moitos os profesionais que interveñen na consecución de imaxes, e por iso, á Academia Galega do Audiovisual parécelle interesante crear encontros entre os distintos responsables deste proceso. As mesas serán totalmente abertas á intervención dos asistentes en calquera momento, de tal xeito que o encontro sexa máis produtivo e sexa, realmente, un lugar onde tódolos participantes poidan preguntar e compartir experiencias con aquelas persoas que levan xa moitos anos no mundo da imaxe dixital.

Os contidos da xornada do 30 pola mañá

Intensas sesións de 4 e 5 horas de duración ocuparán o tempo das persoas asistentes nas xornadas do día 30 e do 1 de decembro. Ás 9 da mañá do día 30, presentaranse os test realizados coa cámara dixital de ARRI D20, empregada por primeira vez en España durante o TEA 2006. Estas probas son test técnicos fotográficos que analizan aspectos como poden ser a latitude, a resolución ou a cór. A presentación desta actividade corre a cargo de Alfonso Parra (a.e.c.).

A continuación, abrirase un debate sobre estas probas, e prepararanse as rodaxes en soporte dixital; para iso, contarase coa presencia de Pol Torrents, director de Fotografía, que amosará os test que foron realizados para a rodaxe da película Salvador; Joan Riedweg, realizador e produtor, amosará algúns dos seus traballos realizados en soporte dixital dende 4K ata o HDV, e posteriormente, o director de fotografía galego Suso Bello, amosará tamén os seus traballos igualmente realizados nos entornos dixitais.

Esta Sesión, que durará ata as 14:00 hs, implicará o tratamento dos seguintes temas:
– Preparación da rodaxe en dixital; elección da cámara. Qué factores determiñan o elixir un soporte ou outro; as condicións técnicas (resolución, profundidade de cór, compresión, liñal versus logarítmico, etc..) e económicas. As probas Técnicas.
– Deseño da fotografía dixital: ferramentas da cámara. Menús. Iluminación.
– As probas artísticas. Vestiario e maquillaxes no mundo dixital.

A xornada do 30 pola tarde

Dende as 16:00 hs e ata as 20:00 hs, a Mesa pretende amosar cómo se desenvolve o proceso fotográfico dixital na posprodución. Esta Mesa, que será moderada por Alfonso Parra, tratará sobre a posprodución dixital e o laboratorio dixital, con Juanjo Carretero.

Parte das cuestións que se desenvolverán neste encontro son: qué é e cómo funciona o laboratorio dixital: procesos e necesidades; a relación do laboratorio dixital co analóxico tradicional; as tendencias (2K, 4K, sistemas de almacenamento, formatos de arquivos ¿hai estándares?, etc…); o etalonaxe dixital: necesidades, ferramentas, procesos, e sistemas de traballo; a composición en 2D e 3D, ferramentas, a necesidade de rodaxe e de laboratorio, a profundidade da cór, a resolución, e os monitores e proxectores dixitais.

O día 1 ás 10 da mañá

A xornada deste día comezará cunha Mesa Redonda na que se tratará sobre A cinematografía dixital: situación actual e previsións de futuro. Nela estarán:

Director de Fotografía, Alfonso Parra (a.e.c.) (moderador)
Director de Fotografía, Paul Torrents
Realizador e produtor, Joan Riedweg
Posprodución Dixital, Chema Remacha Kinema
Produtor/Distribuidor, Bernard Elías, Mediapro
Empresas Audiovisuais, Nuria Paniagua InfoTV (Membro da xunta directiva de AITE ) e
Distribución/Exhibición, Javier Alonso de Google/ Vídeo

… e pola tarde…

Tamén haberá Mesa Redonda dende as 16:00 horas e ata as 21:00, continuando coa mesma materia comezada na xornada da mañá. Desta volta, os participantes:

Suso Bello. Director de Fotografía
Xavier Eiriz. Dtor de produción
Guillermo Represa. Montador
Miguel Asensio. Produción executiva
José Alberto. Sonido Área 5.1
Susana Maceiras. Produtora Adivina Producciones.