CINE POR DENTRO NO CGAI: JORGE COIRA

26 / 04 / 2011

Na próxima sesión de CINE POR DENTRO 2011, este mércores 27 de abril – JORGE COIRA coa película “18 comidas”


18:00h – Proxeción «18 comidas» premiada como Mellor Dirección no Festival Internacional de Taormina, o Premio especial do Xurado e o Premio do Público no OUFF, e o Premio do Xurado e Premio do Público no Festival Internacional CinEsCena de Tenerife.

19:45h apróx – Charla/Coloquio con Jorge Coira.

A súa experiencia persoal abrangue vídeo, televisión e cine. Participou na realización e dirección de importantes series galegas como Mareas Vivas, Terra de Miranda, As Leis de Celavella e Padre Casares, así como de ámbito nacional como RIS, El Comisario, Pelotas e, na actualidade, Piratas. 

Ademais da súa experiencia como realizador de publicidade e videoclips, destácase o seu traballo como director en dúas curtametraxes premiadas en varios festivais galegos Mofa e Befa en gran liquidación e O matachín; o premiado telefilme Entre Bateas, a súa extensa traxectoria en documentais como Chunda Chunda, Vida nas Mareas, Días de Reparto ou ¿Qué Culpa Tiene el Tomate?

En 2004 dirixe a longametraxe para a grande pantalla O ano da carracha. Polo seu desempeño como director, guionista e montador nos seus distintos traballos, tanto para televisión como para cinema, recibiu recoñecementos e premios converténdoo hoxe no director máis premiado do cine galego.



Lugar: Arteria Noroeste, rúa das salvadas 2 A, parque vista alegre 15705, Santiago de Compostela.

Prezo: 3€ xeral, 2´5 € reducida (gratuito para alumnos USC)

Información e inscricións: gnieves@sgae.es; Tel. 981 569 082. Prégase a confirmación dos asistentes.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: