CICLO DE CINE TERROR EN SERIE(B): XOIAS DE BAIXO PRESUPOSTO

11 / 02 / 2013

Do 28 de febreiro ao 23 de maio de 2013, ás 20.00 horas no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa terá lugar un ciclo de cine terror en serie B de xoias de baixo presuposto. A entrada é libre ata completar aforo. O cine de serie B é un pequeno reduto cinematográfico onde a imaxinación e o talento suplen a falta de presuposto. A necesidade agudiza o enxeño, e o que posúen películas como as deste ciclo é superior á maioría das súas irmás maiores. Dentro do cine de terror, a serie B fixo da suxestión e a elipse unha das belas artes, e o grao de liberdade creativa alcanza cotas inimaxinables no cine de gran presuposto. Dende a obra mestra de Edgar G. Ulmer Detour ata a pequena xoia de Ti West, enfant terrible do terror contemporáneo, The house of the devil, percorreremos entre calafríos unha das parcelas máis apaixonantes da Historia do Cine.

Paralelamente, como complemento a este ciclo, desenvolverase no museo o curso Os camiños do medo. Percorrido conceptual polo cine de terror e o ciclo de conferencias Voces na néboa: diseccionando o cine de terror.

 

28 de febreiro de 2013, ás 20.00 horas

Detour (1945) Edgar G. Ulmer

 

14 de marzo de 2013, ás 20.00 horas

Night Tide (1961) Curtis Harrington

 

4 de abril de 2013, ás 20.00 horas

The brain that wouldn’t die (1962) Joseph Green

 

25 de abril de 2013, ás 20.00 horas

Carnival of Souls (1962) Herk Harvey

 

16 de maio de 2013, ás 20.00 horas

Spider Baby (1968) Jack Hill

 

23 de maio de 2013, ás 20.00 horas

The House of the Devil (2009) Ti West


Categoría: Noticias
Etiquetas: