CICA TRATARÁ SOBRE AS TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN EN TELEVISIÓN, A PUBLICIDADE ESPECIAL E OS NOVOS MODELOS DE FINANCIACIÓN

2 / 01 / 2009

CICA contará, nas xornadas do venres 20 de febreiro, coa presenza de Géraldine Gonard, directora comercial da distribuidora Imagina International Sales, quen abarcará o tema das técnicas de negociación en TV, así como o proceso, paso a paso, de cómo e onde se negocia un produto audiovisual.
Imagina International Sales busca converterse nunha das distribuidoras de referencia do mercado audiovisual, potenciando a comercialización de produtos de Globomedia e Mediapro, e doutras produtoras, que se beneficiarán dunha destacada presenza nos principais mercados do sector dos dereitos audiovisuais.

Geráldine ofrecerá aos alumnos as claves de cOmo convencer ás produtoras internacionais de que a ficción española é máis rentable que a americana e cales son os modelos de series que gozan de máis demanda a nivel internacional.

Freya Marchesi, axente comercial de product placement da empresa Zinkinplacement, estará en CICA o próximo sábado 21 de febreiro para falar da venda e xestión das formas de publicidade especial e das novas vías de financiamento.

Freya leva case dez anos traballando para este sector en produtoras do nivel de Globomedia e Grundy, para series como “Mi gemela es hija única”, “Sin tetas no hay paraíso” ou “Yo soy Bea”.

Categoría: Noticias
Etiquetas: