O CGAI PROXECTA “MY WINNIPEG” DE GUY MADDIN

19 / 05 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta o vindeiro venres 20 de maio ás 18.00 e 20.45 horas “My Winnipeg” (2007) de Guy Maddin, a película máis célebre de Guy Maddin.

MY WINNIPEG    

(Canadá, 2007)

Dirección: Guy Maddin. Guión: Guy Maddin e George Toles. Produción: Buffalo Gal Pictures, IFC Films, Manitoba Film and Sound, Documentary Channel, Everyday Pictures. Fotografía: Jody Shapiro. Intérpretes: Darcy Fehr, Amy Stewart. Duración: 80 minutos.
Documental sobre un recordo e ficción sobre unha cidade, My Winnipeg é unha longametraxe libre e emotiva que homenaxea a cidade (a familia, o cine, a memoria) do cineasta, fría capital do estado de Manitoba. Encargo do Documentary Channel, remata por ser o capítulo final da súa triloxía da autoficción, definido por Maddin como unha docu-fantasía. Dramatizacións, metraxe de arquivo, grabacións en distintos formatos, todo funciona como un reflexo das obsesións do autor.

Categoría: Noticias
Etiquetas: