O CGAI PROXECTA MAÑÁ PROXECTO SOCHEO

8 / 02 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe proxecta mañá sábado día 9 de febreiro (18.00 horas) Proxecto Socheo, un plan de recuperación de imaxes con carácter participativo que presenta fragmentos de filmes recuperados na zona da Guarda grazas á iniciativa de Luis Cividanes, Gustavo González, Xurxo Gonzaléz e Beli Martínez. Presentan a sesión -e manterán un coloquio cos asistentes ao final da proxección- Beli Martínez e Xurxo González. A entrada é de balde. PROXECTO SOCHEO    

(España, 2012)
Dirección e produción: Luis Cividanes, Gustavo González, Xurxo Gonzaléz e Beli Martínez. Duración: 60 minutos.  
Proxecto Socheo é un plan de recuperación de imaxes con carácter participativo que presenta fragmentos de filmes recuperados na zona da Guarda coa intención de contrarrestar o impacto do esquecemento que produce o paso do tempo no lugar e grazas á iniciativa de Luis Cividanes, Gustavo González, Xurxo Gonzaléz e Beli Martínez.

Categoría: Noticias
Etiquetas: