O CGAI PROXECTA A COPIA ÍNTEGRA DE BOCACCIO´70

22 / 05 / 2012

O Centro Galego de Artes da Imaxe logo de diversas xestións e de acordo coa Cineteca Nazionale de Roma, acadou e proxectará a copia íntegra do filme de episodios italiano BOCACCIO’70. Polo tanto mañá mércores día 23 de maio, dada a duración da película (204 minutos, fronte aos 101 da versión anunciada) haberá un único pase (20.00 horas) que substitúe aos dous pases (18-.15 e 20.30 horas) incialmente previstos. Desculpade o cambio e grazas anticipadas pola difusión deste feito. BOCACCIO’70 / BOCACCIO 70

(Italia-Francia, 1962)
Dirección: Vittorio de Sica (La riffa), Federico Fellini (Le tentazioni del dottor Antonio), Mario Monicelli (Renzo e Luciana) e Luchino Visconti (Il lavoro). Guión: Federico Fellini, Ennio Flaino, Tullio Pinelli, Brunello Rondi, Goffredo Parise (episodio Fellini), Italo Calvino, Giovanni Arpino, Suso Cecchi D’Amico, Mario Monicelli (Renzo e Luciana), Luchino Visconti (Il lavoro) e Cesare Zavattini (La riffa). Produción: Concordia Compagnia Cinematografica, Cineriz (Italia), Francinez, Gray Filmes (Francia). Fotografía: Otello Martelli (episodio Fellini), Armando Nannuzzi e Giuseppe Rotunno. Intérpretes: Peppino De Filippo, Anita Ekberg (episodio Fellini), Sophia Loren, Romy Scheneider, Romolo Valli. Duración: 204 minutos.
Produción de Carlo Ponti, un proxecto colectivo de filme de episodios coordinado por Cesare Zavattini con autores de relevo (Fellini, Monicelli, Visconti, De Sica) e baseado nunha idea atractiva, actualizar libremente algúns dos relatos de Bocaccio integrados no clásico literario El Decamerón. Fellini dirixe o episodio cómico Las tentaciones del doctor Antonio, escrito en dúas semanas á contra das peores reaccións suscitadas por La Dolce Vita, aquelas de orde (presuntamente) moral, represivas. Un home desta estirpe séntese irremediablemente atraído por unha modelo exuberante que figura nun anuncio dun panel publicitario. O home, malia a súa rixidez, axiña sucumbe á súa fantasía.  

Categoría: Noticias
Etiquetas: