O CGAI ESTREA NANA, PREMIADO EN LOCARNO

9 / 05 / 2013

O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea mañá venres día 10 de maio (2 pases: 18.00 e 20.30 horas) o conto de fadas francés, entre o enigmático e o máxico, Nana (2011) de Valérie Massadian, premiado en Locarno.   NANA    

(Francia, 2011)
Dirección e guión: Valérie Massadian. Produción: Sophie Erbs para Gaïjin. Fotografía: Leo Hinstin e Valérie Massadian. Intérpretes: Kelyna Lecomte, Alain Sabras. Duración: 68 minutos.  
Nana é unha nena de catro anos que vive coa nai nunha casa no bosque. Unha tarde, cando volve do colexio, descobre a soidade do seu fogar. Terá que desenvolverse soa, explorando a súa temperá lib
erdade en canto se apropia do seu mundo. Un conto máxico e cruel premiado en Locarno e Valdivia.

Categoría: Noticias
Etiquetas: