CÉSAR DEBE MORRER, MAÑÁ MÉRCORES NO CINEBOX OURENSE

23 / 04 / 2013

Complétase a primeira parte do ciclo de Cine de Autor organizado polo Cineclube Padre Feijoo, este mércores 24 de abril, no Cinebox Ourense, en sesións ás 18, 20:30 e 23 horas, cun filme dos irmáns Taviani, “César debe morrer”.

CÉSAR DEBE MORRER (Cesare deve morire) (2012, Italia) 76 min.

Director: Paolo Taviani, Vittorio Taviani 

Guión: Paolo Taviani, Vittorio Taviani (Historia: William Shakespeare) | Música: Giuliano Taviani, Carmelo Travia | Fotografía: Simone Zampagni | Reparto: Fabio Cavalli, Salvatore Striano, Giovanni Arcuri, Antonio Frasca, Juan Dario Bonetti, Vincenzo Gallo, Rosario Majorana, Francesco De Masi, Gennaro Solito, Vittorio Parrella, Pasquale Crapetti, Francesco Carusone, Fabio Rizzuto, Fabio Cavalli, Maurilio Giaffreda | Productora: Kaos Cinematografica / Rai Cinema / Stemal Entertainment / Le Talee | Distribuídora: Golem | Formato de exhibición: 35 mm, Cor / Blanco e negro, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en italiano con subtítulos en castelán)

 

Premios:

2011: 5 Premios David di Donatello, incluíndo mellor película e director.

2012: Festival de Berlín: Oso de ouro mellor película

 

Xénero:

Drama | Cárcere.Teatro

 

Sinopse:

Docuficción sobre os talleres teatrais que organiza no cárcere romano de Rebibbia o director Fabio Cavalli, que ensaia cos presos obras de Shakespeare. Os ensaios e a representación final do «Xulio César» altérnanse coa vida cotiá dos reclusos.

 

 

O filme será presentado polo profesor José Paz, -un dos fundadores do cineclube-  (5 minutos antes de comezar, á sesión das 20:30 h.)

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: