O CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE PROXECTA ATTACK THE BLOCK

6 / 02 / 2012

O CGAI proxecta mañá martes día 7 de febreiro (2 pases: 18.15 e 20.30 horas) dentro da sección de estreas “Fóra de serie” o filme británico Attack the Block (2011) de Joe Cornish, unha das grandes sorpresas da temporada fílmica: ciencia-ficción, comedia, thriller, unha áxil e entretida película.   ATTACK THE BLOCK    

(Inglaterra, 2011)
Dirección e guión: Joe Cornish. Produción: Big Talk.
Fotografía: Thomas Townend. Intérpretes: Jodie Whittaker, John Boyega. Duración: 88 minutos.  
Sam é unha enfermeira residente na cidade de Londres. Unha noite, mentres camiña pola rúa, é asaltada por un grupo de mozos. O atraco é interrompido por un estraño obxecto que cae desde o ceo impactando violentamente sobre un coche. Sam fuxe e os rapaces descubren que o obxecto trátase dunha criatura procedente do espazo exterior…Unha das grandes sorpresas da temporada fílmica: ciencia-ficción, comedia, thriller, unha áxil e divertida película chea de enerxía e sentido lúdico.  

Categoría: Noticias
Etiquetas: