CATRO PRODUCCIÓNS EXHÍBENSE NA XXI SEMANA DE CINE SUBMARINO DE VIGO

23 / 11 / 2011

Do 23 ao 25 de novembro vaise celebrar no Centro Cultural de Novacaixagalicia en Vigo a XXI Semana de Cine Submarino, organizada polo Clube Subacuático Bahía de Vigo e a Universidade de Vigo. Exhibiranse na mesma catro produccións, que se acompañarán de coloquios con invitados.

As proxeccións ábrense hoxe mércores, 23 de novembro, co pase de dous documentais británicos de BBC Discovery Channel: Un océano infinito, da serie Pacífico Sur, e Océanos, da serie Planeta Humano. O invitado do día será Pablo Durán. O xoves 24 tocaralle a quenda á longa documental británica El final de la línea (salvemos el mar), de Rupert Murray. O coloquio dirixirao Pablo Carrera.

Por último, o venres 25 verase a longa documental francesa Océanos, de Jacques Perrin e Jacques Cluzaut. O invitado da xornada será Emilio Fernández. Tódalas sesións comezarán ás 20:00 horas, con entrada libre. Ademais, tódolos días durante o evento, ás 10:00 e 12:00 horas, haberá unha sesión matinal de proxeccións para alumnos dos centros de ensinanza da provincia pontevedresa.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: