CASTING DE FIGURACIÓN PARA PADRE CASARES

12 / 03 / 2012

“Padre Casares” busca figurantes para a undécima temporada da serie, cuxa gravación comezará este mes. A produtora Voz Audiovisual seleccionará persoas de todo tipo, idade e características físicas para figurar nos novos capítulos. As probas de selección terán lugar este martes, 13 de marzo, en A Coruña.
¿Quere asistir a unha misa oficiada polo padre Horacio Casares? ¿Gustaríalle formar parte do coro de Santo Antonio de Louredo, ou tal vez manifestarse baixo o balcón do seu concello? A parroquia de Louredo necesita fregués e o concello novos veciños.

A produtora busca todo tipo de figurantes, de tódalas idades e características; con e sen texto. Calquera persoa que queira saír na serie pode achegarse ao casting, que se celebrará este martes na produtora.

As probas terán lugar en A Coruña, nas instalacións de Voz Audiovisual (c/ Gambrinus, 97  – Polígono da Grela), en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30  a 18:30 horas.

A selección está aberta a todo tipo de persoas, de calquera idade e características físicas. Para participar non é necesario ter experiencia no sector, aínda que si se valorará no caso de figuracións especiais.

Aqueles que non poidan acudir ás probas e queiran participar no casting, deben enviar alo menos 3 fotografías actuais, de cara e corpo enteiro, acompañadas dos seus datos personais e experiencia,  á dirección de correo electrónico: ana.fontan@vozaudiovisual.com

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: