CASTING EN VILAGARCÍA PARA UN CONCURSO QUE SE EMITIRÁ NO CANAL RÍAS BAIXAS

24 / 09 / 2008

O vindeiro sábado 27 a partires das 10 da mañá celebrarase no Auditorio de Vilagarcía de Arousa un casting que seleccionará aos participantes do programa de televisión Ven á Vila, que se emitirá proximamente no Canal Rías Baixas. Será unha proba de selección que continuará o 4 de outubro no mesmo escenario e da que sairán un mínimo de dez parellas que deberán competir por acadar o maior número de produtos propostos pola organización dentro do comercio vilagarcián, e no menor tempo posible.
Os interesados deberán inscribirse na páxina web www.venavila.com, cubrindo un formulario cos seus datos persoais. A pesares de ser un concurso por parellas, aquelas persoas que desexen participar e non conten aínda cun compañeiro ou compañeira, poden inscribirse igualmente ao casting, e a organización encargarase de atopar a súa parella para o concurso.

Para máis información sobre o casting e a campaña, pode consultarse a páxina www.venavila.com. Tamén pode resultar de interese a web www.mrmisto.com.

Para calquer dúbida ou para recibir información complementaria, os interesados teñen á súa disposición o número de teléfono 670 831 416 e o enderezo de correo electrónico info@venavila.com.

Categoría: Noticias
Etiquetas: