O próximo martes 24 de agosto, a produtora Pixel Films convocará un cásting na cidade da Coruña para atopar á personaxe principal do seu novo proxecto, unha curtametraxe titulada Kune e dirixida por Carlos Seijo. Trátase dun traballo ambicioso, que mesturará animación 3D con imaxe real.

A proba realizarase nas instalacións de Katarsis Educación y Teatro, situado na Rúa Teixeira de Pascoaes, 3 baixo, na Coruña. O perfil desexado é o de un rapaz ou unha rapaza, de entre 8 e 11 anos, de calqueira nacionalidade, sen necesidade de que fale galego ou castelán correctamente.

 

Todo aquel que teña interese en acudir ás probas de selección, deberá pedir cita previa en sara@pixelfilms.es, chamar ao número de teléfono 622171751, ou ben presentarse nas instalacións a partir das 10:00h., e ao longo da mañá do 24 de agosto. Ao entrar, os candidatos serán informados do proceso e recibirán as instrucións necesarias para completar o cásting.