RÉPLICA DE MARÍA BOUZAS Ó XORNAL GALICIA HOXE: POLO CINE DO PAÍS, POLO PÚBLICO E POLOS LECTORES

A estupefacción na que quedei sumida non se debeu á aparición de citacións da miña carta dirixida ós socios da Academia nun xornal. Tratábase dunha carta aberta e o seu contido polo tanto pode aparecer en calquera medio de comunicación (aínda que agradecería a cortesía de ser avisada). A estupefacción miña naceu da terxiversación, a descontextualización dos contidos aparecidos e a utilización tendenciosa destes para desprestixiar ó profesional incuestionable que é Manolo González.

REFLEXIÓNS DA SOCIA, MARÍA BOUZAS, EN TORNO AO BORRADOR-PROPOSTA DE BAREMO PARA UNHA PRODUCIÓN OU COPRODUCIÓN MAIORITARIA GALEGA

Estimados compañeiros, hai tempo que cuestións estrictamente persoais e pasaxeiras me manteñen alonxada de acontecementos, debates, estreas, premios, foros...;en torno ó audiovisual e ó teatro. Procuro, na medida do posible, manterme informada a través dos diferentes e afortunadamente diversos medios de comunicación. Creo que, por fin, chegamos a un momento crucial para a consolidación da nosa Industria Audiovisual e consecuentemente quixera facervos chegar, a todos, desde a miña máis absoluta sinceridade unhas reflexións acerca do borrador-proposta enviado por Manolo González.

ASÍ FOI O DEBATE SOBRE A DEFINICIÓN DUNHA PRODUCIÓN GALEGA, NO FORO ACADEMIA ABERTA

No foro da Academia aberta 2005 abriuse un espazo de debate baixo o título Definición dunha produción galega, cun relatorio no que atendemos a tres posibles referentes –os de Cataluña, Irlanda e Quebec-, e unha mesa redonda na que entraron a debate as perspectivas de profesionais procedentes de diversos ámbitos do audiovisual: produtores, guionistas, directores, actores e técnicos.

MAÑÁ XOVES 15 COMEZA O III FORO ACADEMIA ABERTA QUE BUSCARÁ DEFINIR UNHA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL GALEGA

Mañá xoves 15 comeza en Santiago o III Foro Academia Aberta 2005 que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Os elementos que definen unha produción galega, serán debatidos ó longo dos tres días de xornadas. O director e produtor de cine Enrique Nicanor, recollerá o vindeiro venres 16 de decembro a Medalla de Ouro que lle será entregada polo Presidente da Academia Galega do Audiovisual Manolo Gómez, segundo decicíu a Xunta Directiva da mesma.

O DIRECTOR E PRODUTOR DE CINE ENRIQUE NICANOR, RECOLLERÁ A MEDALLA DE OURO DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

O director e produtor de cine Enrique Nicanor, ourensán da comarca valdeorresa, recollerá o vindeiro venres 16 de decembro a Medalla de Ouro que lle será entregada polo Presidente da Academia Galega do Audiovisual Manolo Gómez, segundo decicíu a Xunta Directiva da mesma. Este galardón entrégase no marco da celebración do III Foro Academia Aberta que este ano terá como eixe central de debate a definición dos requisitos que debe ter unha produción audiovisual para considerala galega. A Academia Aberta 05 celebrarase os vindeiros días 15, 16 e 17 de decembro no Hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela.

O FORO ACADEMIA ABERTA 2005 ANALIZARÁ OS ELEMENTOS QUE DEFINEN Á PRODUCIÓN GALEGA, DO 15 Ó 17 DE DECEMEBRO

Qué requisitos debe ter unha produción audiovisual para considerala galega, é o eixe sobre o que xirará o III Foro Academia Aberta que organiza a Academia Galega do Audiovisual, para os días 15, 16 e 17 de decembro. O evento celebrarase no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Este Foro arrincará coa celebración de dous Obradoiros, un dedicado á Fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo Obradoiro sobre Arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores.

PROGRAMA DO FORO ACADEMIA ABERTA 2005 SOBRE DEFINICIÓN DUNHA PRODUCIÓN GALEGA

Programa do III Foro da Academia Aberta 2005, que se celebra os días 15, 16 e 17 de Decembro no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela. Este ano leva por título: Definición dunha produción galega. Haberá dous Obradoiros: un de Fotografía e outro de Arte. Encontros, Conferencias e Mesas, ademais da cea de Gala dos Socios, coa entrega da Medalla de Ouro, forman parte deste programa que podedes descargar na ventá da dereita da páxina principal da web, en Academia Aberta.

DEFINICIÓN DUNHA PRODUCIÓN GALEGA É O TEMA QUE ABRANGUE O III FORO ACADEMIA ABERTA

Será os vindeiros días 15, 16 e 17 de decembro cando se celebre o III Foro Academia Aberta 2005, en Santiago de Compostela, e que desta volta xirará sobre a Definición dunha produción galega. O Foro arrincará coa celebración de dous Talleres, un dedicado á Fotografía e dirixido a directores de fotografía, iluminadores, operadores e axudantes de cámara, así como a foquistas; e un segundo Taller sobre Arte, aberto a decoradores, directores de arte, atrecistas, rexedores, axudantes e deseñadores.

537 PITCHINGS E 77 ENCONTROS TIVERON LUGAR NO EAVE CELEBRADO EN COMPOSTELA, CUN IMPORTANTE ÉXITO PARA O GRUPO ESPAÑOL

Un total de 537 pitchings entre decission makers e os 51 Produtores que participaron no EAVE –Programa Media da Unión Europea en Santiago- son os que se levaron a cabo ó longo da derradeira Sesión celebrada no Convento de San Francisco de Santiago, ademais de 77 encontros que os expertos do Eave mantiveron con eles. O balance resultou moi positivo a xuízo da Academia Galega do Audiovisual, quen tivo a iniciativa de traer a Galicia este evento de gran transcendencia internacional, e que contou coa inestimable colaboración do coordinador internacional do Eave, Enrique Nicanor. Realizáronse importantes avances para os profesionais do audiovisual galego, que foron boa parte dos participantes, que visitaron tamén a caseta de Santiago Film Commission que ofrecía a suficiente información turística e sobre as rodaxes cinematográficas na cidade compostelá.

HOXE COMEZAN AS SESIÓNS EAVE DO PROGRAMA MEDIA PLUS DA UNIÓN EUROPEA

Hoxe chegan a Santiago o Presidente do Eave, European Audiovisual Entrepreneurs, Jani Thiltges e o Xefe de Estudos do mesmo, Alan Fountain, que participarán nas sesións que esta mesma noite dan comezo no Hotel San Lorenzo de Santiago, unhas sesións que estarán coordinadas por Enrique Nicanor. As sesión que hoxe comezan, foron precedidas das celebradas a finais de setembro cos proxecos audiovisuais seleccionados para este programa de gran transcendencia internacional, que por iniciativa da Academia Galega do Audiovisual coa inestimable colaboración de Enrique Nicanor, e o apoio da Secretaría Xeral de Comunicación así como da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, se leva a cabo por vez primeira en Galicia.