NOVAS DO SECTOR: A CURTAMETRAXE MÁRTIRES DE XOSÉ ZAPATA PRESENTASE O XOVES NUN CINE DE PARÍS E COMEZA UNHA XIRA POR TRES CIDADES FRANCESAS

A curtametraxe Mártires, dirixida por Xosé Zapata e producido por Ignacio Benedeti Cinema, foi premiada no certamen Curt Fictions organizado pola cadea de Cines Yelmo Cineplex no ano 2006. Mártires foi premiada xunto con outras oito curtametraxes que se proxectaron en dez cines de toda España, entre os que se atopan cines de Barcelona, Madrid, Xixón, Albacete, Sevilla, Vigo ou A Coruña. Este xoves 23 de Novembro a curtametraxe e o programa Curt Fiction serán presentados en París nun céntrico cine da capital francesa no que participará o director e produtor Xosé Zapata.

NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER AUDIOVISUAL EXPLORA EN LUGO A TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE

Algúns dos máis prestixiosos expertos do panorama nacional, autonómico e local da televisión dixital terrestre (TDT) deronse cita hoxe en Lugo para participar na xornada ClusterVisión: contidos para TDT, que forma parte do Foro Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e Caixa Galicia, co obxectivo de analizar as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega.

NOVAS DO SECTOR: VOZ AUDIOVISUAL BUSCA PRESENTADORAS E HUMORISTAS CON OU SEN EXPERIENCIA: CÁSTING

Cásting en A Coruña para un programa de televisión. Voz Audiovisual busca presentadoras y humoristas, con o sin experiencia.

NOTAS DO SECTOR: MARIO IGLESIAS RODA CATALINA EN PONTEVEDRA

A Coruña, 17 de noviembre del 2006.- Mario Iglesias está inmerso en el rodaje de su segundo filme, Catalina, esta vez con la producción, en solitario, de Voz Audiovisual. El rodaje se desarrolla, desde el pasado 7 de noviembre, en Pontevedra. Es el segundo largometraje del director pontevedrés, tras el éxito de su ópera prima De bares, premiada este fin de semana en el Festival Internacional de Cine Independiente de Ourense. Ayer jueves el protagonista masculino del filme, Javier Albalá, se reunía con los medios de comunicación pontevedreses para hablar de estas casi dos semanas de rodaje.

NOTICIAS DO SECTOR: NÉLIDA PIÑON PROTAGONIZA O DOCUMENTAL SCHEREZADE EN GALICIA, COPRODUCIDO POR TVG, TATZEN E IBISATV QUE SE PRESENTA MAÑÁ VENRES 17 NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA ÁS 19,30 HS

Scherezade en Galicia. As verbas de Nélida Piñón é un documental coproducido por IBISAtv, Televisión de Galicia e a produtora valenciana TATZEN, dirixido por Valentín Carrera, e que conta coa participación especial de Nélida Piñon, Carmela Pardal, Ánxela Bugallo, Suso de Toro e Luis G. Tosar. Mañá venres 17 de novembro, ás 19:30 hs da tarde, no Club Internacional de Prensa de Santiago, terá lugar a primeira proxeción pública, seguida dun coloquio coa protagonista deste documental, que xira sobre a vida da escritora galego-brasileira Nélida Piñon.

NOVAS DO SECTOR: UN PROXECTO DA FUNDACIÓN TIC DE LUGO PARTICIPA ESTA SEMANA NO X FESTIVAL INTERNACIONAL DE TV DE BARECELONA

O programa Lugo en Acción foi realizado por alumnos de centros educativos da provincia. O FITB, que se clausura mañá no Auditorio do Museo de Historia de Cataluña, ten nesta décima edición participación lucense. En total proxectaránse no festival 65 producións de 26 países.

NOVAS DO SECTOR: A CIDADE PERDIDA: DOCUMENTAL SOBRE O PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO ESQUECIDO NA CIDADE DE VIGO

presentación venres 17 de novembro, as 20:30 no auditorio do centro social de caixanova-vigo entrada libre

NOVAS DO SECTOR: A CURTA GALEGA PANTA REI (TODO FLÚE), DE SIMÓN CASAL, SELECCIONADA PARA O HDFEST

A Curtametraxe galega PANTA REI (TODO FLÚE), de Simón Casal, foi seleccionada para HDFest, o único evento cinematográfico do mundo especializado en obras de Alta Definición, que celebrará a súa próxima edición nos Estudos Dolby de Hollywood, en Los Angeles, entre o 1 e o 3 de decembro.

NOVAS DO SECTOR: O CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO INCIDE EN BILBAO NO COMPROMISO DO SECTOR DE ADOPTAR COMPORTAMENTOS SOCIALMENTE RESPONSABLES

Crearase un Observatorio do Audiovisual Responsable e unha Guía de Autoavaliación para difundir boas prácticas no sector O presidente do Clúster Audiovisual Galego, Antón Reixa, participou esta mañá como invitado en Bilbao nunha xornada organizada por Eiken Basque Audiovisual, onde se analizaron os retos de competitividade que se plantexa a industria audiovisual, como sector clave dentro da Sociedade da Información e ante o aumento da demanda de produtos audiovisuais.

NOVAS DO SECTOR: A SÉ DO CGAI NA CORUÑA ACOLLE O X SEMINARIO DE ARQUIVOS FÍLMICOS DO 15 Ó 17 DE NOVEMBRO

Entre o 15 e o 17 de novembro terá lugar na sé do Centro Galego de Artes da Imaxe de A Coruña (CGAI) o X Seminario de Arquivos Fílmicos, organizado pola Filmoteca Española, en colaboración coa entidade que o acolle. No seu seo, presentarase unha copia restaurada de Ano Santo en Compostela, o segundo filme máis antigo que se conserva sobre Galicia.