BÚSCASE MOZO GUAPO PARA “PADRE CASARES”

22 / 09 / 2011

 “Padre Casares” busca un home guapo para un papel moi especial na décima tempada da serie. Non é necesaria experiencia ante as cámaras. As probas terán lugar o próximo luns, 26 de setembro, nas instalacións da produtora, Voz Audiovisual, en A Coruña (c/ Gambrinus, 97, Polígono de A Grela). O horario é de 10 a 14 horas, e non fai falla chamar antes para pedir cita.

Os candidatos deben ter entre 25 e 38 anos, pero non é necesaria experiencia previa, pois se trata dunha figuración. Valorarase, sen embargo, que teña unha boa condición física.

Para aqueles que non poidan acudir ás probas e queiran participar no cásting, poden enviar a lo menos 3 fotografías de cara e corpo enteiro, acompañadas dos seus datos persoais e  experiencia á dirección de correo electrónico: ana.fontan@vozaudiovisual.com

 

 

 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: