«AGUA FRÍA DE MAR» SELECCIONADA NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIAN 2009

28 / 08 / 2009

Agua Fría de Mar, da directora costarricense Paz Fábrega e que coproduce Tic Tac Producciones (Galicia, España), quedou seleccionada para participar en “Cine en Construcción” do Festival de San Sebastián 2009. Rodada no Parque Nacional de Bahía Ballena, en Costa Rica, Agua Fría de Mar conta unha historia sobre a determinación teimuda de dúas rapazas consentidas de ámbitos sociais distintos que comparten a carga e as dores de estar crecendo.

 

Agua Fría de Mar é unha produción de Le Films du Requin (Francia), Tic Tac Producciones (Galicia, España), Temporal Films (Costa Rica),  Isabella Films (Holanda)  e Pimienta Films (México). 

 

A película conta co apoio do Programa Ibermedia, CINERGIA, Hubert Bals e Hubert Bals Plus do Festival de Rótterdam, a Fundación GAN e recibiu o maior galardón no Torino FilmLab do Festival de Torino, así como o Premio Arte France do Bos Aires Festival Internacional de Cine Independente.

 

Tanto a directora como os produtores estarán presentes no Festival para presentar o filme.

Categoría: Noticias
Etiquetas: