AS SERIES DE ‘VOZ AUDIOVISUAL’ LIDERAN NAS SÚAS HORAS DE EMISIÓN

17 / 03 / 2010

As series de Voz Audiovisual lideran as cifras de audiencia no prime time. «Padre Casares» arrasou na noite do luns, cun 25,3% de share e 253.000 espectadores de media. Na noite do martes, «Matalobos» fixo o propio cun 20,1% e 205.000 incondicionais. As dúas produccións figuran entre as series de ficción nominadas na presente edición dos Premios Mestre Mateo 2009.

Esta semana, Padre Casares impúxose de novo a toda a oferta televisiva do prime time do luns. A serie de Voz Audiovisual é, por tercer ano consecutivo, a favorita dos espectadores da Televisión de Galicia. Con picos de audiencia do 30% e máis de 300.000 espectadores, e unha audiencia acumulada de 410.000 persoas, a emisión desta semana aportou ao share diario da cadena 3,3 puntos. A cuota do día da canle foi do 16,3%.

 

Este luns, a producción galega tivo máis espectadores que El Peliculón de Antena 3, que fixo un 16,5% de share; a serie C.S.I. (Telecinco), cun 12,1%; o retorno de Pelotas a TVE, cun 11,3%; Callejeros (Cuatro), cun 7,2%; e empatadas no derradeiro posto cun 3,2% de cuota de pantalla, a película de La 2 e o programa Generación Ni-ni (La Sexta).

 

Pola súa banda, Matalobos liderou a noite do martes en Galicia. Cunha audiencia acumulada de 360.000 espectadores e picos de ata un 24% de cuota de pantalla, a aportación da emisión ao share diario da canle foi de 2,7 puntos. A cuota diaria da TVG foi do 12,9%.

 

Matalobos superou con cifras ofertas tan fortes como Gran Hermano (Telecinco), cun 18,7%; Españoles en el mundo (TVE 1), cun 17,8%; House (Cuatro), cun 10,2%; Los protegidos (Antena 3), cun 9,3%; ou o cine de La Sexta e La 2, cun 6,2% e 1,9% respectivamente.

Máis información da serie en: www.padrecasares.com y www.matalobosaserie.com

 

 

 

 

Etiquetas: