“Modernización e ITV”, a mesa redonda que pecha o Foro Academia Abierta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña.
O tema, “Modernización e ITV”. Os poñentes: o músico Nani García, o director de fotografía Tomás Pladevall, o director de arte Félix Murcia, o director de arte Félix Murcia, o escenógrafo virtual Ignacio Platero, o montador Anastasio Ramos, e o director de fotografía e moderador Suso Bello. No fondo e na superficie, analizáronse as novas tecnoloxías no cine, anque non se pasou por alto a repercusión e diferencia que existe cando de novas tecnoloxías falamos, entre o cine e a televisión. AS NOVAS TECNOLOXÍAS NON SEMPRE VAN A FAVOR DA CREATIVIDADE”: MODERNIZACIÓN E ITV

“Modernización e ITV”, a mesa redonda que pecha o Foro Academia Abierta “Pola excepción e a identidade cultural” na Coruña

A Coruña, viernes 23 abril 2004.- O tema, “Modernización e ITV”. Os poñentes: o músico Nani García, o director de fotografía Tomás Pladevall, o director de arte Félix Murcia, o director de arte Félix Murcia, o escenógrafo virtual Ignacio Platero, o montador Anastasio Ramos, e o director de fotografía e moderador Suso Bello. No fondo e na superficie, analizáronse as novas tecnoloxías no cine, anque non se pasou por alto a repercusión e diferencia que existe cando de novas tecnoloxías falamos, entre o cine e a televisión.
“As novas tecnoloxías non sempre van a favor da creatividade”, afirmaba Félix Murcia, que incidía no feito de que “estase mitificando demasiado o das novas tecnoloxías, e iso é por puro interese económico por parte dos fabricantes dos equipos necesarios no sector. En realidade, hai milleiros de películas que se poden flmar sen necesidade de novas tecnoloxías”.
En boa parte coincidíu o Tomás Pladevall, que ía incluso máis alá, afirmando que realmente, as novas tecnoloxías están tendo un avance moi lento; realmente, a revolución no cine fíxose na época de Lumier, entón si que se aportou ó mundo do cine, e non esquezamos que cando chegou o cine, levabamos 50 anos de fotografía”. O interese económico, estaba tamén latexando nas afirmacións de Pladevall cando afirma que “estase manipulando comercialmente todo isto das novas tecnoloxías, porque o que queren os fabricantes é vender unha nova máquina ó mesmo cliente cada ano e medio, que é o período aproximado de amortización dos equipos dixitais”.
Ignacio Platero, Anastasio Ramos, Suso Bello, Nani García, todos coincidían tamén en afirmar que por moitas e evolucionadas tecnoloxías que se empreguen para facer unha película, ou para grava-la súa música… como nin a película nin a música sexan boas creativamente, de nada serven as tecnoloxías. “Son meras ferramentas de uso, e así deberiamos entendelas, ó servicio da creatividade, da boa historia a amosar nas imaxes, a boa banda sonora dunha película”.
Hai que democratiza-las novas tecnoloxías, e o feito de que a xente teña acceso a elas, dicía Nani García, hai que recoñecer que por outra banda eleva o listón de esixencias do público, porque o achega ás linguaxes, e iso é bo, segundo o músico.

ACTO DE CLAUSURA

Con esta mesa redonda péchase o ciclo de cantas se viñeron realizando ó longo dos tres últimos días. Pero foi ás 9,30 da noite cando se puxo o broche final coa celebración da Cea de Gala, a imposición da Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual ó director da Filmoteca Española, o lugués José María Prado, e, trala cea, coa queimada que, sen deixar de lado o contido do que foi o Foro, “Pola excepción e a identidade cultural”, realizouse o conxuro para preserva-lo cine español de ‘calquera meigallo” indesexable. A diversidade cultural, pode quedar garantida se contamos coa normativa axeitada da excepción cultural.