ARTERIA NOROESTE IMPARTE NOVOS CURSOS DE FORMACIÓN

8 / 10 / 2009

Arteria Noroeste lanza un novo programa de cursos para os próximos meses nos que pódese adquirir formación en tódalas ramas do audiovisual. Dende a fotografía de espectáculos ate os adentros do cine e a tecnoloxía audiovisual, pasando por un curso de formación en comunicación da empresa audiovisual. No teléfono 981 56 91 83 ou na dirección de correo electrónico gnieves@sgae.es pódense formalizar as inscricións e ampliar información sobre calquera dos cursos.

OUTUBRO. CURSOS E SEMINARIOS

14 out – 11nov

“FOTOGRAFÍA DE ESPECTÁCULOS» [20 horas]

Profesor: Xabier Carrasco

Aprendendo a sacar partido á fotografía diante dun escenario. Prácticas baixo supervisión en eventos públicos.

 

19 – 22 out

“TECNOLOXÍA AUDIOVISUAL» [16 horas]

Profesor: Joaquín Riera

Bases teóricas de electrónica, física ou matemáticas que resultan útiles, prácticas ou necesarias para traballar con equipos audiovisuais.

 

19 out – 5 nov

“INTRODUCCIÓN AOS MEDIOS AUDIOVISUAIS» [20 horas]

Profesor:Rodolfo González

Curso práctico que aborda conceptos básicos dos diferentes procesos dunha obra audiovisual: guión, dirección, produción… Rodarase unha curtametraxe baixo supervisión.

 

19 – 29 out

“APRENDER A COMUNICAR A NOSA EMPRESA CULTURAL, AUDIOVISUAL E DE ESPECTÁCULOS» [20 horas]

Profesor: Xoan Luaces

Nocións básicas e prácticas para que unha pequena ou mediana empresa do ámbito cultural aprenda a comunicar o seu produto de xeito simple e efectivo.

 

Desde el 27 de octubre

“CICLO CINE POR DENTRO + MASTER CLASS” (de 18 a 20h apróx)

Trátase dunha Master Class onde o invitado principal, protagonista ou docente, é un director audiovisual (cine ou televisión) de renome. Este escolle os seus partenaires entre a xente coa que traballara para enriquecer o coloquio posterior á proxección : guionista, compositor, actores, etc…Con todos eles iniciase unha mesa redonda moderada polo analista de cine e escritor Miguel Anxo Fernández. O autor fronte o crítico

 

PROXIMAMENTE: Backline, Plastianimación, Obradoiros de composición, Bandas sonoras, Cine con clase

Categoría: Noticias
Etiquetas: