ARTEFACTO PRODUCCIONES FINALIZA ESTA SEMANA A RODAXE DE “O APÓSTOLO”

18 / 05 / 2010

Durante os últimos meses un equipo de máis de 70 persoas traballou no estudio da productora santiaguesa, na que será a primeira película de animación stop motion estereoscópica “O Apóstolo”.

Técnicos de todo o mundo, e con experiencia en films como “Matrix”, “La Novia Cadáver”, “Los Mundos de Coraline” o “ Regreso al Futuro”; aunaron a súa experiencia e esforzo nesta historia de terror, fantasía e suspense vinculada ao Camiño de Santiago.

A nivel artístico “O Apóstolo” está protagonizada por actores como Carlos Blanco, Jorge Sanz, Paul Naschy, Jose Manuel Oliveira “Pico”, Celso Bugallo, Luis Tosar, Atilano Franco, Isabel Blanco, Manuel Manquiña, Víctor Mosqueira, Pedro Alonso, Jacobo Rey; e coa colaboración especial de Geraldine Chaplin.

Todos eles foron recreados en foam látex, tratando de imprimir nos bonecos os rasgos máis característicos e identificativos dos propios actores. 

A premiére de “O Apóstolo” está prevista para o próximo 17 de xulio no Auditorio de Galicia, coa interpretación en directo da banda sonora pola Real Filarmonía de Galicia.

 A súa chegada a cines será a finais de verano.

Categoría: Noticias
Etiquetas: