ARRUGAS: PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL DE ANNECY

12 / 06 / 2012

Arrugas, a película de animación baseada no cómic homónimo de Paco Roca, dirixida por Ignacio Ferreras, segue sementando premios: agora alzouse nada menos que co Premio Especial do Xurado no prestixioso Festival de Annecy, o máis importante do mundo en animación. Esta longa que xa logrou o Goya á mellor película de animación e ao mellor guión adaptado firmado polos propios Ignacio Ferreras e Paco Roca, ademais de Ángel de la Cruz e Rosanna Cecchini, segue abrindo camiño ao facerse cun galardón que por vez primeira o logra unha película de animación española.

 


 


 

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: