ARRANCA O VIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES CURTOCIRCUITO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CON 113 TRABALLOS A CONCURSO

6 / 05 / 2011

113 traballos de 35 países participarán nas catro categorías a concurso (Internacional, Explora, Compostelae eEscolas) do VIII Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito, que se celebrará en Santiago de Compostela do 6 ao 15 de maio organizado polo Concello. O evento, que este ano ten ao Reino Unido coma país convidado, e que contará con múltiples seccións paralelas, incorpora moitas novidades, incluíndo un video-concerto inaugural. Entre as súas actividades paralelas sobresae o VI Mercado Internacional de Curtametraxes.

O eixo central de Curtocircuito 2011 de Santiago é a súa sección oficial, para a que foron seleccionadas 113 curtametraxes de 35 países, entre a cifra récord de 3.081 recibidos durante a convocatoria. Deles, 43 participan na sección internacional, entre eles os españois El somriure amagat, de Ventura Durall, Birdboy, de Pedro Rivero e Alberto Vázquez, e a coprodución con Arxentina Gato encerrado, de Peque Varela. Outros 32 títulos compiten na sección Explora, tamén de alcance internacional, reservada a curtas máis experimentais. Neste caso, a representación española inclúe a Broken, de Brian Demoskoff, Pulpwood, de Andrés Victorero, Rural pretérito, de Sonia e Miriam Albert, Todo el tiempo, de Jesús Hernández, e Polaroids, de Javier Alvarez. Unha novidade este ano é que as curtas españolas e galegas uníronse nunha única sección competitiva, Compostelae, na que participan 35 traballos, entre eles os tres con participación nacional da sección internacional (El somriure amagat, Birdboy e Gato encerrado). Os demais son Akerbeltz, las brujas y el inquisidor, Amistad, Brutal Relax, Disección de una tormenta, El grifo, El premio, La broma infinita, La gran carrera, La huida, La maldición de Chiburiburi, Morir cada día, Nadie tiene la culpa, O zapateiro, Picnic, Sinceridad, Slides, ¿Te vas?, Uniformadas, Vicenta, Illa pedra, Fantasmas#1, As damas negras, Empatía, Tourettes, Cribba, el vampiro, Radiografía dun autor de tebeos, Fatum!, Confidencias de una cama, Estereoscopía, Un día normal, Paisaje-Distancia y Amigos del género humano. Por último, tamén coma novidade, creouse un concurso de Escolas galegas no que participan 7 títulos, entre eles o citado Confidencias de una cama, que tamén concursa na sección Compostelae. Os demais son Tira a caixa e agarra a pasta, Puzzle, Consumido, Home cobaia, Tourettes y The Black Box. Tanto na sección Internacional como na sección Compostelae concedereanse sendos premios ás mellores obras de ficción, de animación e documental, dotados con 2.000 euros cada un. O mellor traballo de Explora recibirá outros 2.000 euros, e haberá un premio especial á mellor curta galega, dotado con 1.500 euros, un premio do público de 1.000 euros, e o premio RTP2-Onda Curta, consistente na adquisición dos dereitos de varias curtas por parte da televisión portuguesa. O xurado da sección Internacional fórmano Phil Mulloy, Laura Riu e Yumey Besú; o xurado de Explora, Ruth Cantarero, Agar Ledo e David Rubín; o xurado de Compostelae, Jorge Coira, Piluca Baquero e Eduardo Chapero-Jackson; e o xurado Onda Curta, Joao Garçao Borges, Martin Pawley e Juan Escudero. Ademais, haberá un xurado xoven que outorgará sendas mencións nas competicións Internacional, Explora e Compostelae. Os traballos de Escolas optarán a un premio consistente nun software Final Cut Studio, que fallará un xurado conformado por Eduardo Cerveira, Ismael Martín e Toño Chouzas.

En canto ás seccións paralelas de Curtocircuito 2011, unha delas ofrecerá unha panorámica de curtametraxes do Reino Unido, que é o país convidado nesta edición. Dentro dela, tamén se dará carta branca á compañía de animación Aardman. Así mesmo, se programará unha retrospectiva de curtametraxes de Javier Fesser, como Aquel ritmillo, El sedcleto de la tlompeta ou Binta y la gran idea. Algunhas seccións máis as comporán traballos en torno ao subxénero retrofuturista Steampunk, a agua, os héroes ou as bonecas hinchables. Así mesmo, conmemoraranse os 25 anos da Escuela Internacional de Cine e TV de San Antonio dos Baños de Cuba (EICTV) cunha selección de curtas realizadas polos seus alumnos. Do mismo xeito, ofreceranse traballos de temática gay e lésbica, con motivo do 20 aniversario dos colectivos LGTB de Pontevedra, e unha selección de vídeos musicais internacionais. Por último, haberá programas específicos de curtas para estudiantes de 6 a 11 anos, de 11 a 14 anos, e de 14 a 18 anos, en sesións matinais. Todas estas proxeccións repartiranse polo Teatro Principal, o Salón Teatro, o Centro Social Novacaixagalicia, e o Auditorio del Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago. En canto as actividades paralelas, sobresae o VI Mercado Internacional de Curtametraxes, no que se dará acceso a unha videoteca que permitirá visionar as máis de 3.000 curtas recibidas durante a convocatoria, e que aglutinará múltiples actividades, como un encontro de Centros Audiovisuales de Galicia o 11 de maio (en cuxo seo terán lugar, entre outros actos, tres mesas redondas, así como unha clase maxistral do membro do xurado Phil Mulloy, as proxeccións da EICTV, unha presentación-proxección da Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid-ECAM, e o pase das curtas a concurso da competición de escolas galegas, coa entrega de premios orrespondente), o tradicional pitching Compostela Guión, o día 12, ou o obradoiro Curto-Vision as Computer. A noite terá tamén moita vida en Curtocircuito, con festas, DJs, concertos e Happy Hour. Ademais, dentro da programación, aberta xa ao público, figura aa exposición «Un acto heroico», na que David Rubín expón algúns dos seus deseños máis espectaculares co mundo dos superheroes como leit motiv. Poderase visitar na Zona C de San Domingos de Bonaval -sede do Festival- ata o 26 de xuño. Curtocircuito 2011 abrirase hoxe venres, 6 de maio, cun video-concerto a cargo do grupo Colectivo Oruga no Teatro Principal. Ese mesmo recinto acollerá a clausura o sábado 14, que irá seguida dunha festa no Café Concierto Retablo.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: