{loadposition patro_A0708}

No mes de novembro do 2008, saíu á luz a II edición do Anuario “Papeis da Academia Galega do Audiovisual” no que recollemos o que deu de si o noso sector no período xullo 2007 – xuño 2008 e no que recolleu información sobre:

- Artigos de opinión dos socios da Academia.- Artigos solicitados pola Academia a profesionais concretos sobre temas de actualidade.- Amplo resumo dos Premios Mestre Mateo 07.

- Información sobre as subvencións ao audiovisual no 2007-2008.

- Información sobre os festivais habidos no período.

- Producións realizadas ao longo do ano, con ficha técnica, sinopse e outros datos relevantes de cada unha delas.

- Cronoloxía.

- Obituario.

Ademais, o anuario veu acompañado dun CD recopilatorio da obra do compositor Manuel Balboa (1958-2004). O compositor coruñés elaborou composicións musicais sinfónicas e de cámara, tamén música para películas, televisión e teatro.No cine comezou coa banda sonora de “Martes de Carnaval” de Pedro Carvajal, pero con quen máis traballou foi con José Luis Garci e a súa triloxía sobre argumentos sacados da literatura: “ Avó”, “A ferida luminosa” e “Canción de berce”

Patrocinadores

Anuario

{morfeo 23}