Anuario 06-07

7 / 01 / 2009

Anuario “Papeis da Academia Galega do Audiovisual 06 – 07” nace para ser un instrumento máis que contribúa á mellor función que a Academia Galega do Audiovisual pode ter, a do coñecemento.

Saíu á luz no mes de novembro de 2007 e recolleu, onda os premios, a información pertinente para sintetizar o que deu de si o 2006 – 2007  no eido audiovisual en Galicia.

O seu obxectivo é acadar regularidade e substituír á revista que trimestralmente publicaba a Academia.

Inclúe os seguintes contidos:

– Información sobre o Foro Academia Aberta 2006 e Premios Mestre Mateo 2006.

– Transcrición dos debates habidos nas “Xornadas de Balance 07. O estado das cousas”.

– Información sobre a audiencia da TVG na tempada 2006-2007.

– Información sobre a exhibición en Galicia na tempada 2005 – 2007.

– Información sobre as subvencións ao audiovisual no 2007.

– Información sobre os festivais habidos entre maio 2006 e xuño 2007.

– Producións realizadas e presentadas ao longo do ano, con ficha técnica, sinopse e outros datos relevantes de cada unha delas.

– Resume cronolóxica das actividades e eventos que tiveron lugar entre xuño 2006 e xuño 2007, tanto da Academia como do resto do audiovisual galego.

– Artigos de opinión achegados por académicos e sinaturas convidadas

Patrocinadores

{loadposition patro_A0607}

Anuario

{morfeo 22}
Etiquetas: