O Anuario é unha publicación na que se recolle, onda os premios, a información pertinente para sintetizar o que deu de si o ano no eido audiovisual en Galicia. Esta publicación pasa a substituír ao boletín que editou trimestralmente a Academia entre os anos 2003 e 2006.

A estrutura, vén definida polo traballo da Comisión de Publicacións, que é a encargada de definir os contidos, e é a seguinte: Ampla documentación das actividades realizadas pola Academia (Premios Mestre Mateo, Foro Academia Aberta, Xornadas de balance, outras…), información sobre as axudas ao sector, información sobre as producións realizadas, información sobre os festivais audiovisuais galegos, cronoloxía, necrolóxicas, artigos de opinión dos socios que o desexen, artigos que a Academia solicitará a profesionais concretos sobre temas de actualidade.

“O obxectivo deste anuario non é outro que ser un reflexo da pluralidade de pensamento e de obra que a Academia acolle no seu seo”