ANIMACAM.TV AMPLÍA O PRAZO DE RECEPCIÓN DE PELÍCULAS ATA O 30 DE SETEMBRO

12 / 09 / 2008

A primeira edición de Animacam.TV anunciou a ampliación do prazo de presentación de películas interesadas en participar no certamen. A pesares de levar en funcionamento pouco máis de dous meses, os organizadores subliñan que as visitas ao seu portal superan xa as 20.000, contando polo momento con máis de 70 participantes e 90 películas que, a día de hoxe, suman 23 nacionalidades.
O 1 de outubro comeza a Segunda Fase do Festival, na que o internauta se converte en protagonista, a través da emisión de voto on line. Neste momento, a participación dos estudantes, apoiando as obras dos seus compañeiros, será moi importante.

Os promotores de Animacam.tv –Limaia Produccions- anunciaron tamén que a iniciativa “non remata o 21 de decembro de 2008 co fallo das películas premiadas”. “Traballamos dende xa –enganden- para conseguir un maior apoio financieiro que nos permita eleva-la contía dos premios do Festival na Segunda Edición e dota-lo portal On Line de dinamismo, interatividade e secións novas que foron concebidas dende os inicios. En síntese, camiñamos para lograr un Festival no que os internautas, amantes da animación, profesionais, autores e produtoras teñan un referente e un punto de encontro para seguir animando no seu Camiño”.

Categoría: Noticias
Etiquetas: