ANACOS ACADA O PRIMEIRO PREMIO NO ABYCINE

5 / 11 / 2012

Anacos, curta escrita e dirixida por Xacio Baño, acada o primeiro premio no XIV Abycine  na competición nacional de curtametraxes. O xurado estaba composto por Enrique Bocanegra, Esperanza Luffiego e Borja Cobeaga.

Este recoñecemento súmase aos premios xa acadados pola curta no festival de Málaga, no Shnit International Film Festival – Suíza, Festival internacional de Las Palmas, Curtocircuito ou FicBueu.

O filme, protagonizado por Mabel Rivera, Fernando Morán e Xosé Barato, nace da necesidade de xogar coa linguaxe, e de buscar nas posibilidades estéticas e narrativas do fotograma.  O proxecto contou cunha axuda da AGADIC ao desenvolvemento do talento audiovisual galego na convocatoria de 2011.

A próxima semana Anacos estará a competición no certame nacional do 42 Alcine, Alcalá de Henares, un dos festivais máis importantes do circuíto. Ademais estará dispoñible online baixo pago na plataforma filmin.es durante as datas do festival.

Categoría: Noticias
Etiquetas: