AMPLÍASE O PRAZO PARA ENVIAR COMUNICACIÓNS AO II CONGRESO GALEGO AUDIOVISUAL

29 / 09 / 2004

O prazo para a recepción de Comunicacións amplíase até o 30 de Outubro.
Todas as persoas que o desexen poderán enviar artigos nos que expoñan os seus traballos encadrados nalgunha das áreas temáticas do II Congreso Galego Audiovisual, nos que se describan:

– Estudos, análises, comparativas e outros traballos de investigación vencellados co audiovisual galego.
– Casos e experiencias realizadas e iniciativas innovadoras en calquera dos eidos do Congreso.
-Producións audiovisuais realizadas, impacto obtido, difusión, obxectivos conqueridos, etc.

Máis información en www.congresogalegodoaudiovisual.com

Categoría: Noticias
Etiquetas: