O Festival Amal colabora nunha mostra de cine palestino que organiza o Cine Club Carballiño dentro das xornadas Xociviga (Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia) e faio cunha serie de curtos de temática euroárabe, cuxo eixo principal é Palestina.

En concreto, son 6 as curtametraxes de Amal que se proxectarán o venres 1 de Xuño no Auditorio Municipal de Carballiño. A primeira sesión será ás 20,00 h da tarde, e pasaranse as curtametraxes “Mudo”, “Prohibido o paso” e “O sabor da revolución”, cunha duración total de 55 minutos. A segunda sesión, na que se exhibirán “Cartas a Palestina”, “Gaza Londres” e “Lesh Sabreen”, será ás 23,00 h e durará en total 72 minutos. A entrada é gratuíta.

Máis info sobre as curtametraxes: www.festivalamal.es