O vindeiro mércores, 2 de abril, celebraranse no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández‐Latorre, unhas xornadas de pitching nas que os alumnos presentarán os proxectos que están desenvolvendo este curso.

O tribunal estará formado por Rosa Vilas, directora de Televisión de Galicia; Mamén Quintás, xerente de Ficción Producciones; Andrés Barbé, presidente de Formato Producciones e presidente del Clúster Audiovisual de Galicia, e dúas exalumnas de este Máster: Teresa Fernández-Valdés, directora de Bambú Producciones, e Emma Lustres, produtora de Vaca Films.

Durante o curso os alumnos del Máster desenvolven individualmente un proxecto orixinal en todas as súas fases, titorizados por expertos na area de desenvolvemento, que exercen como titores guiándoos durante todoo proceso. Nos meses de abril e xuño teñen que defender estes proxectos ante responsables de distribuidoras, produtoras e canles de televisión.

Este ano os alumnos realizaron formatos moi diversos: varias longametraxes e series de fición, unha serie de animación, unha tv movie e varios formatos para televisión. Na presentación dos traballos, os estudantes utilizarán a técnica de pitching para defender os seus proxectos. Posteriormente, o tribunal avaliará distintos aspectos de cada proposta e exporá as súas posibilidades reais de desenvolvemento.

O ano pasado, neste primeiro pitching do curso, tres dos proxectos foron adquiridos por algúns dos produtores que conformaban o tribunal para o seu desenvolvemento.