LAS ALTAS PRESIONES DE ÁNGEL SANTOS COMPITE NO FESTIVAL DE CINE DE BUSAN

3 / 10 / 2014

Hoxe terá lugar a première internacional da segunda longametraxe de Ángel Santos, Las altas presiones (2014), na 19 edición do prestixioso Festival internacional de Busan (Corea do Sur)-, coa presenza do seu director e do seu protagonista, Andrés Gertrúdix. A longametraxe compite na Sección Flash Forward, dedicada a cine novo non asiático. O filme constitúe a presenza española no certame -que se celebrará ata o próximo 11 de outubro-, xunto á película de Carlos Vermut Magical Girl. Andrés Gertrúdix (El árbol magnético, La herida) dá vida en Las altas presiones a Miguel, un mozo que viaxa á súa cidade natal co encargo de rexistrar localizacións para rodar unha película. O tratará de levar a termo o seu traballo aínda que case sempre prefira gravar os paisanos cos que se encontra, os movementos e os rostros dos seus amigos ou os trens pasando preto do mar. A súa viaxe ofreceralle unha nova perspectiva sobre a súa situación e tamén a posibilidade dun novo amor. O seu director define a película como unha viaxe en torno ao desarraigamento (o cine) e o amor. Itsaso Arana, Diana Gómez, Juan Blanco e Xabier Deive, xunto a Marta Pazos e Hugo Torres -da compañía teatral Voadora-, son o resto dos membros principais da carismática repartición da longametraxe. O filme conta tamén coa colaboración especial do grupo Unicornibot, presente na potente banda sonora xunto a grupos como Fantasmage, Indómitos ou Telephones Rouges. Matriuska Producciones é a produtora da fita, que conta co apoio de Televisión de Galicia, Agadic e do Concello de Pontevedra.

 

As altas presións é a segunda longametraxe de ficción de Ángel Santos (Pontevedra, 1976), tras Dos fragmentos /Eva (2010) e unha destacada produción que aborda dende a ficción ao ensaio documental, con títulos como O cazador, Adolescentes, Fantasmas #1 e #2, Sara e Juan ou Setembro, presentes en prestixiosos festivais de cine de autor e experimental. Tras o seu paso por Corea, Las altas presións competirá na Sección Novas Ondas do Festival de Cine Europeo de Sevilla.

 

Categoría: Noticias
Etiquetas: