ALFONSO DEL AMO DEFENDE A NECESIDADE DE CREAR UNHA INDUSTRIA DA CONSERVACIÓN DO AUDIOVISUAL

17 / 12 / 2004

O xefe da sección de investigación de fondos fílmicos da Filmoteca Española, Alfonso del Amo, afirmou hoxe no decurso da súa conferencia Plenaria celebrada a primeira hora da mañá no II Congreso Galego Audiovisual en Santiago, que o patrimonio audiovisual é o gran esquecido en España. Dixo que a industria do cine fai películas, e polo tanto, deberiamos pensar en conservalas, algo que non se apoia polo xeral e está xerando un serio problema.
ALFONSO DEL AMO DEFENDE A NECESIDADE DE CREAR UNHA INDUSTRIA DA CONSERVACIÓN DO AUDIOVISUAL

O xefe da Sección de investigación de Fondos fílmicos da Filmoteca Española participou no II Congreso Galego Audiovisual

Santiago, xoves 16 decembro 2004.- O xefe da sección de investigación de fondos fílmicos da Filmoteca Española, Alfonso del Amo, afirmou hoxe no decurso da súa conferencia Plenaria celebrada a primeira hora da mañá no II Congreso Galego Audiovisual en Santiago, que o patrimonio audiovisual é o gran esquecido en España. Dixo que a industria do cine fai películas, e polo tanto, deberiamos pensar en conservalas, algo que non se apoia polo xeral e está xerando un serio problema.

Dende os primeiros tempos dos irmáns Lumiere, dixo Del Amo, fanse duplicados de películas, algo que tamén segue a face-la televisión. O traballo de restauración é algo duro que esixe imaxinación, pero que iso non é obstáculo para acometer esa realidade que esixe unha rápida solución. O fundamental da conservación, afirmou tamén, é que preservemos un producto cultural, algo que se debe facer como imperativo se queremos conservar unha cultura. O proceso de conservación incide e axuda ó estado da arte e á posibilidade de conservación dos estudos, é algo esencial.

Hoxendía, dixo tamén Alfonso Del Amo, o cine é un reto que temos que enfrontar porque cada día hai máis, e estamos enfrontarémonos ó reto de facer copias: iso é algo ineludible. No que respecta ó mundo electrónico, afirmou no remate da súa conferencia, estamos nun campo que aínda está por experimetarse, e onde non sabemos cómo conserva-los productos, un mundo que custa nada menos que un millón de euros.

Categoría: Noticias
Etiquetas: