O programa LARPEIROS conta esta semana coa participación do cociñeiro Nicolás Villar, un profesional novo pero xa destcado no panorama gastronómico galego. Nicolás, que leva a cociña dun restaurante situado dentro dun museo – o MARCO de Vigo- entra na cociña dos Larpeiros para preparar unhas albóndigas de porco con queixo de Arzúa, acompañado polo popular Benigno Campos.
E para conseguir os ingredientes do prato, o xornalista Tomás Alonso vai ata as teras de Arzúa-ulloa nas que se producen os mellores queixos do país. Co humor que é unha das marcas de identidade de LARPEIROS, Tomás percorre unha moderna queixería e coñece o proceso de elaboración, a partir do leite das vacas da comarca.

Ademáis, visita Lalín e Vigo para facerse cos produtos que os cociñeiros lle pedion na súa lista da compra.

O aroma dos piñóns torrados e do eneldo vai encher a cociña dos LARPEIROS mentres cociñan este prato moi orixinal, pero accesible a calquera afeccionado a descubrir novos sabores.

Luiso Ces e Tomás Alonso, candidatos nos premios Mestre Mateo

LARPEIROS é o programa mais visto na noite dos mércores en Galicia . Reportaxes, humor e gastronomía xúntanse nun formato orixinal creado por Xosé Cermeño e producido por un equipo que encabeza o produtor executivo Luis Collazo. Emilio J. Fernández, Manuel Novoa, Xoán Escudero, Marta Lemos, Hitxu Guillán e Eva Penelas forman parte do equipo técnico e de produción do programa .

O montador Luiso Ces e o presentador Tomás Alonso están nominados aos premios Mestre Mateo, concedidos pola Acadamia Galega do Audiovisual.