AGADIC DÓTASE DUNS ESTATUTOS

12 / 07 / 2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universidaria da Xunta de Galicia dotará por primeira vez á AGADIC duns estatutos que contribuirán a dinamizar o sector cultural de Galicia, ao tempo que favorecerán a promoción da cultura galega no ámbito nacional e no exterior. Deste modo, traballarase para que as industrias culturais galegas se adapten ás necesidades do mercado a través dun impulso da demanda na propia Comunidade e no exterior, o que permitirá abrir novos horizontes aos creadores galegos.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou 12 de xullo, os estatutos de AGADIC, os primeiros desde que a Axencia Galega das Industrias Culturais sucedió ao antigo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicales (IGAEM) en tódalas súas funcións. Neles créase o consello reitor de AGADIC e defínese a súa composición e funcións; fíxanse os órganos de goberno e a estrutura administrativa da Axencia, así como o órgano de control, a súa natureza e o réxime xurídico. Ademais, establécese un réxime presupuestario cuns mecanismos de xestión transparente. Os estatutos fixan unha nova estrutura administrativa para AGADIC que estará estruturada en cinco departamentos: Xestión, Fomento e Promoción de Políticas Culturais, Política Audiovisual, Produción Teatral e Produción Coreográfica. O departamento de Fomento ocuparase de deseñar, programar, executar e controlar as liñas de axudas para os distintos sectores das industrias culturais, así como da consecución dos obxectivos e dos proxectos sectoriais establecidos. O departamento de Xestión desenvolverá funcións en materia de persoal, xestión económico-financieira, compilación de documentación e os servizos comúns da Axencia. Os departamentos de Produción Teatral e de Produción Coreográfica ocuparanse de desenvolver políticas de creación e programación no ámbito das artes escénicas. AGADIC terá o obxectivo de impulsar a creación e o desenvolvemento de empresas que produzan produtos e servizos culturais, con especial atención á eficiencia. Á súa vez, deberá favorecer os produtos que difundan a lingua, a cultura e as tradicións propias de Galicia como elemento diferencial no mercado. O documento aprobado establece que a Axencia ocuparase da industria cultural galega dende a base formativa ata a súa promoción exterior. Deste modo, deberá contribuír ao avance da cualificación artística, técnica e empresarial, impulsando plans formativos acordes coas necesidades deo sector. Para o fortalecemento destes axentes culturais, fomentará a creación de infraestructuras, equipamentos e centros que faciliten o acceso á cultura dos ciudadáns, contribuíndo ao desenvolvemento territorial e ao fomento da educación, do emprego, da integración social e da investigación. Deste modo, será máis doado o desenvolvemento doutra das súas funcións, a de estimular a creación, avivar o talento e a capacitación profesional e potenciar o necesario recoñecemento social e económico de artistas e autores.



A Axencia Galega das Industrias Culturais traballará de maneira paralela en tres procesos da cadea de negocio: a promoción, a distribución e a comercialización. Este organismo deberá promover a distribución e comercialización dos produtos culturais galegos dentro e fora da Comunidade Autónoma, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais. Para isto, impulsará a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial, apoiando as exportacións de bens e servizos culturais galegos. A través das ditas funcións, os estatutos recén aprobados confirman a AGADIC como un organismo creado para o progreso da cultura galega, a través dunha rede na que cooperan Administración, empresas e profesionais na produción, creación, conservación, difusión e comercialización da cultura feita en Galicia, no marco dun mercado dinámico, sostible e plural. Estas liñas de traballo deberán lograr un incremento da demanda de produtos culturais galegos por parte da sociedad e unha mellora da viabilidade dos proxectos das industrias culturais, aumentando o peso relativo del sector no sistema produtivo de Galicia. Unido a isto, e segundo se vaian notando estes avances, será inherente a potenciación de programas de investigación e desenvolvemento cultural, co fin de mellorar a calidad e diferenciación dos produtos, a axilidade no servizo prestado e a creación de valor engadido na economía dixital, o que revertirá nun futuro de horizontes máis amplos para a cultura galega. A Consellería de Cultura e Educación da Xunta procurará a máxima coordinación entre a Administración pública e os axentes culturais co obxectivo de aproveitar as sinerxias, incrementar a posibilidade de financiamento e conseguir unha maior calidade e eficiencia na acción cultural.

Categoría: Noticias
Etiquetas: