ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CERTAME NACIONAL DE CURTAMETRAXES

23 / 06 / 2014

ALCINE abriu o prazo de inscrición para participar no seu Certame Nacional de Curtametraxes. Ata o 1 de setembro pode inscribirse toda curta de produción e/ou dirección española, cunha duración inferior a 60 minutos, e copia de exhibición en formato 35mm ou arquivo en HD. A obra debe terse realizado con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013 (só poder participar as obras non inscritas en anteriores edicións). Para participar na 44 edición do Certame Nacional de Alcine, só ten que encher o formulario e enviar a obra online antes do 1 de setembro de 2014. Máis información en www.alcine.org


Categoría: Noticias
Etiquetas: