ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS MASTER CLASSES AUGAL

1 / 12 / 2011

O Consorcio Audiovisual de Galicia abre hoxe e ata o vindeiro luns, 19 de decembro, o prazo de inscrición para a nova edición das Master Classes AUGAL, que terán lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo dende o 20 de decembro ata o 8 de maio de 2012.

A primeira sesión será o martes 20 de decembro, na que se proxectará o documental Tralas luces. Contará coa presenza coa súa directora, Sandra Sánchez, e a súa produtora, Fernanda del Nido, nun coloquio posterior.

A continuación tedes o programa das master classes.

Categoría: Noticias
Etiquetas: