A 17ª edición do Festival ALTER-NATIVE International Short Film Festival de Romanía terá lugar do 4 ao 8 de novembro. Este ano España será o país invitado e o Consorcio Audiovisual de Galicia vai colaborar para que as curtas galegas teñan un oco na programación.

Trátase dun festival que se esforza por descubrir novos “nomes” para presentar películas con novas e particulares visións, para apoiar as expresións de arte independentes opostas á produción de masas do mercado cinematográfico. 

Este festival ten un programa de competición para curtametraxes e programas adicionais (longas, seleccións procedentes de estudios e academias de cine, exhibicións, concertos, grupos de traballo, etc.) Nos últimos anos teñen invitado a diferentes países (Polonia-2003, Rep. Checa-2004, Francia-2005, Holanda-2006, Croacia-2007, Alemania-2008).

Este ano España será o país invitado e o Consorcio vai colaborar co mesmo para que as curtametraxes galegas teñan un oco na programación especial que se vai levar a cabo. 

O prazo límite para presentar as inscricións é o vindeiro 12 de setembro. Máis información: (URL:// http://www.madisz.ro/)