ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN Á REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO

4 / 09 / 2008

A Rede Galega de Musica ao Vivo anunciou a apertura do prazo de inscrición á mesma, dende o 1 ao 30 de setembro. Dous anos de funcionamento con case 900 concertos no primeiro ano e case 700 no segundo consolidan esta rede como a medida de potenciación máis importante da musica ao vivo nos bares.
A inscrición, programación e contratación realizarase a través da web: www.galescena.info. Nesta páxina atópanse as normas de funcionamento da RGMV tanto para os grupos como para as salas participantes, e que variaron con respecto ás da programación en marcha.

Os grupos novos deben darse de alta no apartado “grupo”, cubrir a ficha que aparece e esperar a validación do correo electrónico; unha vez validada a solicitude, xa se pode entrar na zona privada (con contrasinal) e engadir os arquivos sonoros e fotográficos que se solicitan.

No caso que xa estar dados de alta no sistema é preciso entrar co nome de usuario e contrasinal e revisar ben todos os datos porque a ficha de inscrición sufriu variacións con respecto a de o ano pasado.

PRAZOS
– Inscrición GRUPOS: do 1 ao 30 de stembro
– Preprogramación das SALAS: do 6 ao 31 de outubro
– Programación definitiva: do 4 ao 10 de novembro

Dúbidas ou consultas:
programacionadadic.1@xunta.es
981 57 71 26 ext 125

1.- FUNCIONAMENTO XERAL PARA OS GRUPOS

– Poderá participar nesta programación calquera formación que cumpra os requisitos especificados na ficha técnica/artística.
– Cada grupo especificará o seu caché, que en ningún caso poderá superar os 800 euros por actuación.
– Na ficha técnica deberase describir o rider técnico necesario así como as restantes condicións precisas para o correcto
desenvolvemento da actuación. Admitiranse acordos bilaterais entre a sala e o grupo que modifiquen o rider técnico, sempre e
cando se formalicen por escrito.
– A información que introduzan os grupos poderá ser vista polos programadores das salas, aínda que os grupos poden
promocionarse contactando cas salas, co directorio que teñen a súa disposición na páxina web.
– Para que un grupo poida ser contratado necesita ter pechado un mínimo de 4 concertos no ano. Estas actuacións quedarán
fixadas nun contrato entre o grupo e a AGADIC.
– O resultante da recadación da billeteira de cada concerto será para a sala.
– Unha vez asinado o contrato o grupo deberá ter en conta:
􀂃 a alteración do calendario de actuacións estará suxeita á autorización previa por parte da AGADIC e deberá estar xustificada.
􀂃 a alteración unilateral do calendario de actuacións, suporá a cancelación automática do contrato.

2.- FUNCIONAMENTO XERAL PARA AS SALAS

2.1.- CRITERIOS DE ADMISIÓN PARA NOVAS SALAS

– Traxectoria da sala de dous anos cunha programación estable.
– Programación dun mínimo de 35 actuacións durante o exercicio inmediatamente anterior (no caso das salas ubicadas en
concellos de menos de 50.000 habitantes, o mínimo da programación será de 20 actuacións)
-No caso de salas de nova creación, non se terá en conta este criterio, pero deberán comprometerse a realizar no ano 2009, 35
actuacións no caso de salas ubicadas en concellos con máis de 50.000 habitantes, ou 20 actuacións no caso de salas ubicadas
en concellos con menos de 50.000 habitantes.
Quedarán excluídas aquelas salas que non cumpriran os compromisos de programación, incluíndo o da remisión da información
de billeteira, durante o exercicio anterior.
– As salas deberán remitir a seguinte documentación ó AGADIC:
-CIF do representante legal
– NIF da empresa titular da sala
-Estatutos rexistrados
-Escrituras de constitución
e para as salas que nunca participaron neste programa a Licenza municipal de apertura.

2.2. CONDICIÓNS ECONÓMICAS E TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN

– AGADIC cofinanciará a programación das salas coa seguinte porcentaxe sobre o caché dos grupos, que en ningún caso, poderá
supera os 800 ¤:
– Caché superior a 599 ¤: 75%
– Caché entre 400 e 599¤: 80%
– Caché inferior a 400¤: 85%
No caso de concertos en lingua galega esta porcentaxe incrementarase nun 5%.
– Cada sala participante na RGMV deberá contratar un mínimo de 8 concertos.
– Non se poderá programar a unha mesma formación por tres anos consecutivos.
– Non se poderán programar formacións vinculadas á sala. Considérase formación vinculada á sala aquela na que algún dos seus
compoñentes ou familiar ata o primeiro grao por consanguinidade ou afinidade sexa propietario de mais dun 15% do capital social
da sala.
– Os grupos programados non poderán ser contratados máis dunha vez na mesma sala dentro deste programa.
– A salas comprométense a facilitar o rider técnico descrito na ficha de cada grupo en cada un dos concertos que realice.
Admitiranse acordos bilaterais que modifiquen o rider técnico, sempre e cando se formalicen por escrito.
– A alteración do calendario de actuacións estará suxeita á autorización previa por parte da AGADIC e deberá estar xustificada.
– A alteración unilateral do calendario de actuacións, suporá a cancelación automática do contrato.
– A sala está obrigada a facilitar a AGADIC as follas da billeteira e cubrir os datos de asistencia na páxina web:
www.galescena.info
– A sala está na obriga de cobrar entrada en todos os concertos tendo en conta os prezos mínimos:
􀂃 Ata 500 ¤ de caché: 2 ¤
􀂃 Mais de 500 ¤ de caché: 3 ¤
􀂃 A recadación da billeteira será para a sala.

3. PROCESO DE PROGRAMACIÓN

– O período de programación será de xaneiro a decembro de 2009 (quedan fóra os meses de xullo e agosto)
– os grupos de música ou solistas deberán cubrir a ficha técnica artística a través da páxina web: www.galescena.info/musicavivo
do 1 ao 30 de setembro.
– as salas elaborarán a súa preprogramación a través da mesma páxina do 6 ao 31 ó outubro. A partir dese momento, AGADIC
comprobará as programacións realizadas e seleccionará os grupos que teñen os 4 concertos mínimos requiridos para ser
programados.
– Este novo listado seralles remitido ás salas para que comproben se teñen que variar ou non a súa programación. Este prazo
será do 4 ao 10 de novembro.
– Cas programacións definitivas, AGADIC asinará os contratos cos grupos e salas e realizará os soportes publicitarios necesarios.

Categoría: Noticias
Etiquetas: