ABERTA A INSCRICIÓN AO FESTIVAL DE CINE EURO-ÁRABE AMAL 08

20 / 02 / 2008

A Fundación Araguaney anuncia que xa está aberto o prazo de inscrición á VI Edición do Festival Internacional de Cine Euro-Árabe Amal 08. A nova edición do certame, na que xa están a traballar os seus responsables, terá lugar do 25 ao 31 de outubro en Santiago de Compostela. O prazo límite de presentación de solicitudes remata o 31 de xuño de 2008.

Categoría: Noticias
Etiquetas: