A TVG ESTREA A SEGUNDA ETAPA DE LARPEIROS

16 / 12 / 2008

O exitoso programa Larpeiros, conducido polo xornalista Tomás Alonso, asoma mañá mércores ás pantallas da TVG con novos capítulos, na estrea da súa segunda etapa. Larpeiros é un formato creado por Xosé Cermeño no que a cociña e o humor se mesturan dun xeito orixinal.

Benigno Campos, cociñeiro do programa e antigo traballador do sector naval vigués, prepará para a ocasión unhas nécoras pouco comúns, fritidas nuna tixola. A idea, que que resultou polémica entre os protagonistas do programa, será tamén sorprendente para os espectadores.

Para obter as nécoras, veremos a Tomás Alonso acompañar á tripulación dun barco naseiro e visitar os viveiros de marisco do Berbés vigués.

Lola, Cruz, Mariam, Benigno e Tomás -o núcleo principal deste grupo de amigos que comparte mantel e humor nas noites do mércores na TVG- cociñará tamén un pastel de mariscos orixinal e barato, elaborado con langostino conxelados.

Dende a súa presentación no pasado verán, o programa Larpeiros logou un importante éxito de audiencia. O derradeiro capítulo da primeira etapa, que se emitiu o pasado mércores, conseguiu reunir diante do TV ao 28% dos galegos. Case 300.000 espectadores seguiron o programa da TVG, covertindo á cadea autonómica en líder destacada nesa noite.

Compra, cociñar, compartir

Para o seu produtor executivo, Luis Collazo “o programa conseguiu reinterpretar as clásicas fórmulas dos espazos televisivos adicados a gastronomía. Coa escusa dunha reunión entre amigos, os Larpeiros deciden en cada capítulo que prato queren cociñar, e repártense as tarefas previas a compartir o prato escollido”. En cada capítulo o grupo de comensais demostran que están dispostos a pasar un tempo feliz comprando, falando dos alimentos de calidade, cociñando e compartindo mesa e mantel, e de paso, aprender algo máis sobre os produtos que van preparar.

O cociñeiro Benigno Campos, que sorprendeu aos larpeiros cociñando un polbo da rías galegas sen empregar auga para a cocción, cre que as “nécoras fritidas van resulta igual de insólitas e de apetecibles para moitos espectadores”.

O condutor do programa, Tomás Alonso anunciou que “con este novo capítulo dedicado ao mariscos, os Larpeiros seguiremos buscando os mellores produtos de toda Galicia e mesmo de Portugal.”

Categoría: Noticias
Etiquetas: