A PRODUTORA GALEGA IBISATV COMEZA O DESENVOLVEMENTO DE “EL SEÑOR DE BEMBIBRE”

28 / 05 / 2010

O Concello de Bembibre e o Consello Comarcal do Bierzo poñen as primeiras pedras da longametraxe dirixida por Valentín Carrera. Galicia forma parte dos escenarios naturais da película: Monforte de Lemos, O Courel, a Ribeira Sacra, ou entornos monumentais como os catelos de Soutomaior ou Pambre.

A vila de Bembibre acolleu onte un acto singular co que se pon a primeira pedra para un proxecto longamente desexado e soñado por moitos galegos y bercianos: levar á gran pantalla a novela histórica de Enrique Gil y Carrasco, El Señor de Bembibre.

 

O acto aconteceu na Casa da Cultura da Vila de Bembibre, coa asistencia de personalidades relevantes do mundo da cultura, do audiovisual e da sociedad berciana. Nel firmouse un convenio de colaboración institucional para o desenvolvemento da película, que foi suscrito entre o Concello de Bembibre e a produtora galega, IBISAtv, promotora do proxecto. Firmouse tamén outro convenio de apoio institucional entre dita produtora e o Consello Comarcal do Bierzo.

 

IBISAtv agarda contar tamén coa colaboración das institucións galegas, o apoio da Xunta de Galicia e dos concellos e comarcas cuxas paisaxes son escenarios naturais da película: Monforte de Lemos, O Courel, a Ribeira Sacra, ou entornos monumentais como os castelos de Soutomaior ou Pambre. 

Categoría: Noticias
Etiquetas: