A película documental Señora de, producida por O Raio Verde, e dirixida por Patricia Ferreira, alzouse co terceiro premio da Sección Tiempo de Historia, da Semana Internacional de Cine de Valladolid, Seminci, segundo fixo publico o pasado sábado en rolda de prensa no teatro Calderón de Valladolid o presidente do xurado, Javier Rioyo.

É a primeira vez que cunha producción galega obtén un premio neste festival, que este ano cumpríu a súa 54 edición. Señora de competíu a concurso con outros vinte documentais, procedentes de todo o mundo. Tras esta premiere na Seminci, está prevista a súa estrea en Galicia para o día 18 de novembro, en Cineuropa.

O xurado de Tiempo de Historia, presidido por Javier Rioyo, destacou “o valor testimonial e emocional” da cinta, para merecer o galardón.

É a primeira vez que cunha producción galega obtén un premio neste festival, que este ano cumpríu a súa 54 edición. Señora de competíu a concurso con outros vinte documentais, procedentes de todo o mundo. Tras esta premiere na Seminci, está prevista a súa estrea en Galicia para o día 18 de novembro, en Cineuropa.

O xurado de Tiempo de Historia, presidido por Javier Rioyo, destacou “o valor testimonial e emocional” da cinta, para merecer o galardón.Señora de é a última película documental dirixida por Patricia Ferreira, en cuxa filmografía destaca a dirección de películas como Sé quién eres, El alquimista impaciente, En el mundo a cada rato ou Para que no me olvides.

Señora de, producida por O Raio Verde, está protagonizada por unha ducia de mulleres –de Galicia e de León- que relatan con valentía a crónica das súas vidas, a de varias xeneracións de mulleres na España franquista. Para chegar a elas, foron necesarios tres anos de traballo de campo, nos que se realizaron máis de 300 entrevistas ata elexir esta antoloxía de mulleres, que desgranan testemuños e vivencias conmovedoras. 

Como resultado, Señora de descubre, entre outras, as vidas de María, que aos 16 anos quedou embarazada e foi internada nun centro cun réxime case carcelario. Pilar, que tivo o valor de separarse do suu home cando ninguen o facía. Conchi, que mantiña relacións con outra muller. Filomena, que quixo ser periodista ou pintora. Valentina, que foi comadrona e vivíu de preto o inhumano dos abortos clandestinos. Ou Ana, que soñou con traballar e cando casou soubo que, desde ese momento, todo acabara e pasaba a ser Señora de.

O premio será recollido esta noite na gala de clausura no teatro Calderón de Valladolid por Patricia Ferreira, directora, Carmen Rábade, produtora executiva, e Filomena Fraga Rey, unha das protagonistas.